Ficha biblioteca

Nova A Xunta lanza unha acción de concienciación en cidades para reforzar a recollida separada de biorresiduos, que xa está implantada no 94% dos concellos
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación13/04/2026 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasMedio ambiente, Concienciación e sensibilización, Desenvolvemento sostible Tipo de contidoNovas, Campañas e publicidade ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia, Medio ambiente, Territorio e Infraestruturas Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición No marco da campaña Co marrón somos máis verdes, o Goberno galego busca impulsar a separación en orixe da fracción orgánica con medidas especiais e de gran impacto visual como esta, que estará durante unha semana tamén en Lugo e Ferrol
Detalles contido
A Xunta lanza unha acción de concienciación en cidades para reforzar a recollida separada de biorresiduos, que xa está implantada no 94% dos concellos No marco da campaña Co marrón somos máis verdes, o Goberno galego busca impulsar a separación en orixe da fracción orgánica con medidas especiais e de gran impacto visual como esta, que estará durante unha semana tamén en Lugo e Ferrol
13/04/2026|Xunta de Galicia
  • ángeles Vázquez salienta que Galicia xa conta coa infraestrutura necesaria para recoller e tratar estes refugallos, cun investimento de 22 M€ entre 2018 e 2025, e agora toca incidir na sensibilización para seguir avanzando cara a un modelo circular
  • O ano pasado a materia orgánica que recibiron as catro plantas públicas de compostaxe de biorresiduos medrou un 43%, con case 4.500 toneladas entregadas

A Xunta acaba de lanzar unha acción de concienciación especial en tres cidades —Santiago de Compostela, Lugo e Ferrol— co obxectivo de reforzar e impulsar a recollida separada dos chamados biorresiduos, unha fracción do lixo doméstico que a día de hoxe xa se pode depositar mediante diferentes tipos de sistemas no 94% dos concellos galegos.

Con motivo do lanzamento desta acción divulgativa, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, ángeles Vázquez, achegouse hoxe ata o entorno da Estación Intermodal compostelá para presentar a nova imaxe da marquesiña de bus da rúa Hórreo, que durante unha semana permanecerá decorada con vexetación natural autóctona arredor dun gran cartel baixo o lema: Co marrón somos máis verdes.

Esta iniciativa está enmarcada na campaña de concienciación impulsada pola Xunta de Galicia en decembro de 2025 co obxectivo de reforzar a separación en orixe da materia orgánica e incrementar así a separación desta fracción, explicando á cidadanía que son os biorresiduos, a súa importancia como recurso e as formas máis axeitadas de xestionalos, clarificando que tipo de refugallos poden ir ao contedor marrón.

Tras lembrar que a fracción orgánica representa aproximadamente o 40% da bolsa de lixo dun fogar tipo e que desde o 1 de xaneiro de 2024 ten que recollerse separadamente, a responsable autonómica explicou que, grazas ao esforzo e á implicación da Xunta para apoiar ás entidades locais no cumprimento das novas obrigas normativas, Galicia xa conta coa infraestrutura necesaria para recoller de forma separada e tratar posteriormente este tipo de refugallos.

Así, incidiu nos 22 millóns de euros que destinou o seu departamento entre os anos 2018 e 2025 a facilitar o impulso da recollida selectiva de biorresiduos e o seu tratamento para obter novos recursos con medidas como a implantación do quinto contedor (o marrón), programas para o fomento da compostaxe ou axudas á adquisición de vehículos para o transporte destes residuos.

As cifras confirman que Galicia avanza no camiño correcto neste eido, posto que no último ano a cantidade de materia orgánica de orixe doméstica depositada no contedor marrón medrou un 43%, recibíndose preto de 4.500 toneladas nas catro plantas públicas de tratamento de biorresiduos construídas pola Xunta.

Por todo o exposto, a conselleira considerou que agora é o momento de incidir na sensibilización con accións rechamantes e de impacto como a presentada esta mañá para seguir avanzando cara a un modelo circular.

A respecto, explicou que, ademais de Santiago de Compostela, Lugo e Ferrol son as outras dúas cidades galegos onde se poderá visualizar durante unha semana esta acción puntual, cuxo obxectivo principal é chamar a atención da cidadanía dunha forma orixinal e diferente para incrementar o impacto da campaña Co marrón somos máis verdes, e, polo tanto, a súa eficacia.

Neste sentido, parte da idea de asociar o marrón e o verde de xeito que o primeiro representa a acción, o xesto da cidadanía de depositar os refugallos orgánicos no contedor correspondente, mentres que o verde busca evocar o beneficio e os resultados a futuro ligados a este tipo de hábitos.

 

Temas:Medio ambiente, Concienciación e sensibilización, Desenvolvemento sostible
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia, Medio ambiente, Territorio e Infraestruturas
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido