Ficha biblioteca

Nova A Xunta amplía a súa colaboración coas Mancomunidades da provincia de Ourense coa constitución de seis novas brigadas para a prevención de incendios forestais
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación14/04/2026 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración local, Emerxencias e seguridade Tipo de contidoNovas ColectivosEntidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia Ámbitos xeográficosOurense
Descrición En total serán 22 as brigadas distribuídas en seis mancomunidades: O Ribeiro, Terra de Celanova, Comarca do Carballiño, Comarca de Verín, Comarca de Ourense e Santa Águeda, estas dúas últimas son novas incorporacións
Detalles contido
A Xunta amplía a súa colaboración coas Mancomunidades da provincia de Ourense coa constitución de seis novas brigadas para a prevención de incendios forestais En total serán 22 as brigadas distribuídas en seis mancomunidades: O Ribeiro, Terra de Celanova, Comarca do Carballiño, Comarca de Verín, Comarca de Ourense e Santa Águeda, estas dúas últimas son novas incorporacións
14/04/2026|Xunta de Galicia
  • A Consellería do Medio Rural investirá algo máis de 1,9 millóns de euros na conformación destas brigadas, que estarán operativas ao longo de seis meses
  • Executarán actuacións en materia de vixilancia e defensa de lumes, así como labores de prevención, tanto de xeito manual como mecanizado
  • Esta iniciativa enmárcase no protocolo de cooperación que a Consellería do Medio Rural mantén coa Deputación de Ourense e a través do cal en 2025 traballaron 16 brigadas e entregouse maquinaria para prevención e extinción

 A Consellería do Medio Rural, no marco do protocolo de colaboración coa Deputación Provincial de Ourense, amplía a súa colaboración coas mancomunidades municipais da provincia para afondar na prevención de incendios forestais coa constitución de seis novas brigadas. En total serán 22 as brigadas que se distribuirán en seis mancomunidades: O Ribeiro, Terra de Celanova, Comarca de Verín, Comarca do Carballiño, Comarca de Ourense e Santa águeda, sendo estas dúas últimas novas incorporacións, as cales contarán con catro e dúas respectivamente. Así o recolle o proxecto de acordo elevado hoxe ante o Consello da Xunta.

A constitución destas brigadas suporá este ano un investimento de algo máis de 1,9 millóns de euros por parte da Consellería do Medio Rural, cofinanciados parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC (PEPAC) 2023-27. As brigadas, que estarán conformadas por cinco ou catro compoñentes, executarán actuacións en materia de vixilancia e defensa de lumes, así como labores de prevención, tanto de xeito manual como mecanizado. Desenvolverán estas tarefas durante seis meses, desde o 4 de maio ata principios do mes novembro deste mesmo ano.

Esta actuación enmárcase no protocolo de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a Deputación de Ourense para o desenvolvemento de actuacións conxuntas dirixidas ao mantemento e á conservación de infraestruturas preventivas e da contorna agroforestal para a prevención e defensa contra os lumes forestais nesta provincia. Neste sentido, o ano pasado promoveuse a constitución de 16 brigadas nas mancomunidades do Ribeiro, Terra de Celanova, Comarca de Verín e Comarca do Carballiño a través dun programa piloto que deu resultados positivos, polo que agora se reforza a cooperación, en liña cun dos obxectivos estratéxicos introducidos na actualización do Pladiga 2026.

A través desta colaboración, en 2025 entregáronse catro máquinas hidrostáticas polivalentes, útiles tanto para tarefas de prevención como de extinción, para cada unha destas mancomunidades. Así mesmo, tamén se ofreceu formación para o persoal destas brigadas no Centro de Loita Integral contra o Lume de Toén. Cómpre engadir que, este mesmo ano, se fixo entrega de 12 novos tractores con rozadora para os concellos que as integran, tractores que foron adquiridos pola Deputación de Ourense.

Por outra banda, cómpre lembrar que a Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia establece que as administracións públicas de Galicia colaborarán entre si e cooperarán nas tarefas de prevención e loita contra os incendios forestais.

Temas:Administración local, Emerxencias e seguridade
Colectivos:Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia
Ámbitos xeográficos:Ourense
Valorar:
Compartir contido