Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar o contido ofrecido.
Resolución pola que se aproba a adxudicación aos concellos da provincia dos espectáculos correspondentes ao programa REDE CULTURAL 2026
Logo da finalización do prazo establecido, e unha vez revisadas todas as solicitudes presentadas polos concellos, proponse a aprobación de forma íntegra da Solicitude Xeral de programación dos concellos axustada aos límites establecidos na base 5.3. e existe remanente para repartir entre os concellos que fixeron Solicitude Complementaria, atendendo ao establecido no punto 5.3.A. das citadas bases.
Resolveuse :
A totalidade das solicitudes referidas nesta resolución foron presentadas dentro do prazo establecido na convocatoria e cumpren os requisitos establecidos nela, atendendo ás declaracións e documentación solicitada.
Os importes que figuran na presente proposta son as porcentaxes que lle corresponde aboar á Deputación en relación cos cachés sinalados polas entidades titulares dos artistas e que figuran na resolución da presidencia número 8996, do 6 de marzo de 2026, (modificada pola resolución 10158, do 11 de marzo de 2026), pola que se aproba a admisión dos espectáculos inscritos na Rede Cultural da Deputación da Coruña do ano 2026, por reunir os requisitos establecidos.