Curso de prevención de riscos laborais. Nivel básico
1. Persoas destinatarias
* Funcionarios/as e empregados/as das corporacións locais da provincia con funcións técnicas ou administrativas.
* Traballadores/as en xeral da Administración local de Ourense, interesados/as na materia obxecto deste curso.
* Delegados/as de prevención e membros dos comités de seguridade e saúde das corporacións locais.
2. Desenvolvemento
- 2.1. Modalidade da acción formativa: híbrida (presencial e en liña).
- 2.2. Duración: 34 horas (16 horas presenciais e 18 horas en liña).
- 2.3. Datas de realización: do 27 de abril ao 18 de maio de 2026.
- 2.4. Datas das sesións presenciais: 27 de abril e 4-11-18 de maio de 2026.
- 2.5. Horario das sesións presenciais: os luns, de 9:00 a 13:30 horas.
- 2.6. Lugares de realización: Plataforma de teleformación de Cualtis-Vitaly e aulas de Formación da Deputación de Ourense no Centro Cultural Marcos Valcárcel (rúa do Progreso, 30, 2º, Ourense)
- 2.7. Prazas: 20 participantes.
- 2.8. Número de edicións: unha.
3. Obxectivos.
- * Dotar as persoas participantes dos coñecementos técnicos necesarios para o desenvolvemento das funcións de nivel básico de prevención de riscos laborais.
- * Proporcionarlle aos/ás participantes uns coñecementos xerais e básicos sobre toda a normativa legal aplicable en materia de prevención de riscos laborais.
- * Analizar cales son os principais riscos que se presentan nas diferentes tarefas e actividades profesionais que desenvolven os traballadores da Administración local e afondar nas medidas para a súa prevención.
- * Coñecer todos os factores involucrados na protección fronte aos riscos laborais, os elementos básicos de xestión da prevención de riscos e os órganos específicos de participación dos traballadores nesta materia.
4. Programa
4.1. Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo.
4.1.1. O traballo e a saúde: os riscos profesionais. Factores de risco.
4.1.2. Danos derivados do traballo. Os accidentes no traballo e as enfermidades profesionais. Outras patoloxías derivadas do traballo.
4.1.3. Marco normativo básico en materia de prevención de riscos laborais. Dereitos e deberes básicos nesta materia.
4.2. Riscos xerais e a súa prevención.
4.2.1. Riscos vencellados ás condicións de seguridade.
4.2.2. Risos vencellados ao medio ambiente no traballo. Hixiene industrial.
4.2.3. Ergonomía e psicosocioloxía: a carga de traballo, a fatiga e a insatisfacción laboral.
4.2.4. Sistemas elementais de control de riscos.
4.2.5. Plans de emerxencia e evacuación. Manual de autoprotección.
4.2.6. O control da saúde dos traballadores.
4.3. Elementos básicos da xestión da prevención de riscos.
4.3.1. Organismos públicos relacionados coa seguridade e a saúde no traballo.
4.3.2. Organización do traballo preventivo: rutinas básicas.
4.3.3. Documentación: recollida, elaboración e arquivo.
4.4. Riscos específicos, xestión e a súa prevención na Administración local.
4.4.4.1. Organización da prevención na Administración pública. Responsabilidade e sancións.
4.4.2. Seguridade no traballo: lugares de traballo, máquinas e equipos. Risco eléctrico. Risco de incendio. Manipulación manual e mecánica de cargas. Mantemento preventivo.
4.4.3. Hixiene industrial: axentes físicos, químicos e biolóxicos. Fichas de seguridade de produtos químicos. Ventilación.
4.4.4. Ergonomía e psicosocioloxía: pantallas de visualización de datos (PVD). Carga física. Factores psicosociais.
4.4.5. Equipos de protección individual (EPI).
4.4.6. Almacenamento de materiais.
4.4.7. Avaliación de riscos e planificación da actividade preventiva.
4.5. Primeiros auxilios.
4.6. Módulo de igualdade: sensibilización en igualdade de xénero.
4.6.1. Conceptos básicos sobre igualdade de xénero.
4.6.2. A muller no ámbito laboral.
4.6.3. Medidas de igualdade na empresa.
4.6.4. Principio de apoderamento das mulleres.
4.6.5. Beneficios da igualdade.
4.6.6. Desigualdade no ámbito laboral. Segregación ocupacional.
4.6.7. Selección e contratación. Retribucións.
4.6.8. Clasificación profesional e avaliación de postos de traballo.
4.6.9. Promoción e desenvolvemento da carreira profesional.
4.6.10. Introdución á comunicación non sexista.
4.6.11. Linguaxe non sexista. Recomendacións.
4.6.12. A publicidade como instrumento de cambio.
5. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes para participar nesta acción formativa rematará o xoves 23 de abril de 2026.