Ficha biblioteca

Nova As axudas da Xunta á rehabilitación de inmobles de titularidade municipal permiten incorporar 36 novas vivendas ao parque público residencial galego
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación20/04/2026 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración local, Territorio, vivenda e transporte Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia, Medio ambiente, Territorio e Infraestruturas Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición Estas vivendas públicas terán protección permanente e serán destinadas ao alugueiro
Detalles contido
As axudas da Xunta á rehabilitación de inmobles de titularidade municipal permiten incorporar 36 novas vivendas ao parque público residencial galego Estas vivendas públicas terán protección permanente e serán destinadas ao alugueiro
20/04/2026|Xunta de Galicia
  • Allegue salienta a “resposta abrumadora” a esta convocatoria autonómica, lanzada en xaneiro deste ano, e que xa ten esgotado o crédito
  • A través desta liña de axudas habilitaranse 10 novas vivendas públicas en Forcarei, cunha axuda da Xunta de 650.000 euros, que transforma en fogares modernos e de calidade as antigas casas de mestres situadas na avenida das Maleitas
  • O municipio pontevedrés é un dos 16 concellos beneficiarios desta liña de axudas
  • A conselleira subliña o esforzo da Xunta no ámbito da rehabilitación residencial, que só nesta lexislatura concedeu axudas para rehabilitar 66 vivendas cun investimento de máis de 3,1M€; e que sumadas ás previstas agora suporán máis dun cento de novos fogares
 

As axudas da Xunta á rehabilitación de inmobles de titularidade municipal permitirán incorporar 36 novas vivendas ao parque público residencial en 16 municipios galegos. Estas vivendas públicas terán protección permanente e serán destinadas ao alugueiro.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, deu conta  en Forcarei do balance da convocatoria desta axuda autonómica, lanzada en xaneiro deste ano, e dotada cun investimento de  máis de 2,1M€, da que salientou a “resposta abrumadora” á mesma, e que xa ten esgotado o crédito.

Durante a súa visita a Forcarei, a conselleira notificou a concesión dunha achega autonómica de 650.000 euros a este concello pontevedrés, para a recuperación de antigas casas de mestres situadas na avenida das Maleitas, que permanecían abandonadas desde hai arredor de 30 anos. Segundo indicou, trátase dunha actuación especialmente significativa, ao devolverlle uso residencial a uns edificios que no seu día acolleron a mestres e mestras e formaron parte da vida do municipio.

A rehabilitación deste conxunto fará posible a creación de 10 novas vivendas públicas, modernas e de calidade, contribuíndo así a incrementar a oferta residencial e a favorecer a fixación de poboación no municipio.

Allegue puxo en valor o compromiso do Concello de Forcarei coa recuperación do seu patrimonio e co impulso de políticas activas de vivenda, salientando iniciativas municipais, como a posta en marcha dun rexistro propio de demandantes de vivenda pública.

Finalmente, Allegue subliñou o esforzo realizado pola Xunta no ámbito da rehabilitación residencial, sinalando que no que vai de lexislatura se concederon axudas para rehabilitar 66 vivendas cun investimento de más de 3,1M€. Sumadas ás previstas nesta convocatoria, supoñen máis dun cento de novas vivendas públicas en Galicia.

A conselleira reiterou o compromiso do Goberno galego de seguir colaborando cos concellos para incrementar o parque de vivenda pública e dar resposta ás necesidades da cidadanía con fogares dignos, accesibles e de calidade.

Temas:Administración local, Territorio, vivenda e transporte
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia, Medio ambiente, Territorio e Infraestruturas
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido