Ficha biblioteca

Nova A Xunta inicia a campaña de retirada de niños de avespa velutina tras a renovación por 1,7 M€ da encomenda a Seaga
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación23/04/2026 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración local Tipo de contidoNovas, Convenios ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia, Dirección Xeral de Administración Local (DXAL) Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes explicou que a Xunta realiza esta renovación no marco do plan centralizado cos concellos que o ano pasado permitiu a eliminación ou neutralización de máis de 24.500 niños
Detalles contido
A Xunta inicia a campaña de retirada de niños de avespa velutina tras a renovación por 1,7 M€ da encomenda a Seaga O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes explicou que a Xunta realiza esta renovación no marco do plan centralizado cos concellos que o ano pasado permitiu a eliminación ou neutralización de máis de 24.500 niños
23/04/2026|Xunta de Galicia
  • Diego Calvo instou á cidadanía a contactar co teléfono 012 cando se detecte un niño de vespa velutina, xa que considera que a súa colaboración é clave para frear o avance desta especie

 

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, informou  en Cambre do inicio da campaña de retirada de niños de avespa velutina tras a renovación da encomenda á empresa pública Seaga á que a Xunta destina un ano máis 1,7 millóns de euros.

Na visita de hoxe, o conselleiro comprobou o equipamento dos equipos de  Seaga aos que a Xunta dota do material necesario para realizar o seu traballo con seguridade e eficacia. Así, entre o equipamento inclúense pértegas, escopetas, marcadoras, equipos de protección individual, insecticida, transporte ou material informático, entre outros. 

O Goberno galego ofrece así unha solución homoxénea, centralizada e coordinada cos 313 concellos galegos para a eliminación ou neutralización de niños desta especie. Cómpre lembrar que a Xunta xa viña traballando desde 2014 nun programa de vixilancia e control para minimizar o impacto da avespa asiática na comunidade e, ante o aumento da súa presenza, decidiu redobrar en 2020 os esforzos e actuar mediante este plan centralizado colaborando cos concellos nos traballos de retirada e extinción dos niños para frear o seu avance.

Tal e como explicou o conselleiro o plan centralizado de retirada de niños de avespa velutina acordado cos concellos permitiu a retirada de máis de 24.500 niños o ano pasado. Pontevedra foi a provincia que rexistrou un maior número de niños eliminados ou neutralizados en 2025 con máis de 9.100, seguida dos máis de 8.800 da provincia da Coruña. En Lugo e Ourense retiráronse e neutralizáronse case 4.200 e preto de 2.400 niños, respectivamente.

Diego Calvo puxo en valor a colaboración cidadá que considera clave na loita contra esta especie e instou a contactar co Teléfono de  Atención e Información á Cidadanía 012, sobre todo nestes meses, xa que a primavera e o verán son as épocas do ano de maior proliferación desta especie.

Desde a alerta recibida no teléfono 012, o equipo de Seaga procede á retirada no menor tempo posible, se ben hai casos onde os niños son inalcanzables ou dificilmente accesibles e requiren actuacións complementarias ou permisos administrativos ou de propietarios.

Ademais dos niños retirados, a xestión de avisos por parte de Seaga pode dar lugar a outro tipo de resolucións: niños inactivos que xa non teñen actividade de niños nos que non procede actuación porque están situados en zonas onde non se poden visualizar de maneira directa, niños que pertencen a outras especies distintas da avespa velutina ou niños duplicados que xa foron obxecto doutros avisos recibidos previamente.

O conselleiro tamén aclarou que cando os avisos se corresponden cunha urxencia son derivados aos servizos de emerxencias a través do 112 para a súa retirada inmediata como, por exemplo, niños activos no interior de vivendas habitadas, en establecementos singulares ou en zonas moi concorridas ou tratarse de persoas alérxicas. é o caso de máis de 3.100 avisos rexistrados o ano pasado. Nesta liña, Diego Calvo insistiu na importancia de extremar as precaucións, sobre todo no caso de persoas alérxicas.

Lembrou ademais que o Goberno galego avanza cada ano na implantación das novas tecnoloxías para habilitar novas formas de contacto coa cidadanía. Así, a aplicación Controlvelutina, permite que os efectivos de Seaga actualicen un seguimento de cada aviso. Xa se realizou ademais a súa integración cos servizos de emerxencias do 112, para que se poidan mobilizar os medios de retirada nos casos máis urxentes. Ademais, como vías complementarias ao Teléfono de Atención e Información á Cidadanía 012 para comunicarlle á Xunta a presenza de niños de avespa velutina existe un chatbot e un axente virtual as 24 horas do día e os 365 días do ano.

Temas:Administración local
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia, Dirección Xeral de Administración Local (DXAL)
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido