Ficha biblioteca

Evento Curso de aplicación práctica da intelixencia artificial aos procedementos de contratación pública
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación24/04/2026 FonteBop de Ourense
Taxonomía
TemasAdministración dixital, Administración local, Ensino e formación Tipo de contidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locais, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsDeputación de Ourense Ámbitos xeográficosOurense
Descrición Este curso ten por obxecto estudar o marco normativo que rexe a implantación e aplicación da intelixencia artificial nos procesos de contratación pública: Lei de contratos do sector público, Regulamento xeral de protección de datos e Regulamento europeo de intelixencia artificial
Detalles contido
LugarTelepresencial Ourense OrganizadorDeputación de Ourense Datas
DíaHora inicioHora fin
05/05/2026 9:00 14:00
12/05/2026 17:00 20:00
19/05/2026 17:00 20:00
26/05/2026 17:00 20:00
02/06/2026 17:00 20:00
09/06/2026 17:00 20:00
16/06/2026 17:00 20:00
23/06/2026 17:00 20:00
30/06/2026 17:00 20:00
Evento

Curso de aplicación práctica da intelixencia artificial aos procedementos de contratación pública

1. Persoas destinatarias

  • * Persoal técnico e administrativo ao servizo das entidades locais da provincia de Ourense que teñan encomendadas tarefas vencelladas coa administración electrónica.
  • * Traballadores/as da Administración local que interveñan na tramitación de expedientes administrativos de contratación.
  • * Persoal técnico e administrativo, en xeral, das corporacións locais que realice no seu traballo tarefas de xestión administrativa no ámbito da contratación pública.

2. Desenvolvemento

  • 2.1. Modalidade da acción formativa: híbrida (presencial e telepresencial).
  • 2.2. Duración do curso: 30 horas.
  • 2.3. Datas de realización: do 5 de maio ao 30 de xuño de 2026.
  • 2.4. Datas das sesións presenciais: 5 de maio de 2026.
  • 2.5. Datas das sesións telepresenciais: días 12-19-26 de maio e 2-9-16-23 e 30 de xuño de 2026.
  • 2.6. Horario das sesións presenciais e telepresencias: de 17:00 a 20:20 horas.
  • 2.7. Lugar de realización: Aulas de Formación da Deputación de Ourense no Centro Cultural Marcos Valcárcel e Aula Virtual de Adenda nos seminarios web con Teams.
  • 2.8. Prazas: 30 participantes por edición.
  • 2.9. Número de edicións: unha.

3. Obxectivos

  • * Estudar o marco normativo que rexe a implantación e aplicación da intelixencia artificial nos procesos de contratación pública: Lei de contratos do sector público, Regulamento xeral de protección de datos e Regulamento europeo de intelixencia artificial.
  • * Identificar as oportunidades e os riscos do uso de sistemas de intelixencia artificial en cada fase da contratación pública para que os/as empregados/as públicos/as realicen unha implementación ética e eficiente na mellora dos servizos e procesos administrativos.
  • * Instruír o persoal das entidades locais nas ferramentas de intelixencia artificial xenerativa para que lles permitan automatizar tarefas administrativas, como a xeración e análise de licitacións, memorias xustificativas, informes xurídicos e outros documentos clave.
  • * Desenvolver criterios para a contratación de sistemas de intelixencia artificial por parte da propia Administración, con especial atención á gobernanza e á integridade.

4. Programa

4.1. Introdución. Marco xurídico.

4.1.1. Lei de contratos do sector público.

4.1.2. Regulamento xeral de protección de datos.

4.1.3. Regulamento europeo de intelixencia artificial.

4.2. Retos da intelixencia artificial.

4.2.1. Supervisión humana, transparencia, nesgos, ciberseguridade e gobernanza.

4.2.2. Intelixencia artificial xenerativa.

4.2.3. ing en expedientes.

4.3. Intelixencia artificial na fase de planificación.

4.3.1. Detección de necesidades.

4.3.2. Estudo de mercado.

4.3.3. Plan de contratación.

4.4. Asistencia por intelixencia artificial na redacción de pregos e documentos preparatorios. Prego de cláusulas administrativas particulares e prego de prescricións técnicas.

4.4.1. Estratexia, criterios e cláusulas especiais.

4.5. Análise de documentación e valoración de ofertas con Intelixencia Artificial.

4.5.1. Control de cumprimento e matrices de risco.

4.6. Seguimento da execución de contratos e predición de modificacións con intelixencia artificial. Indicadores.

4.7. Integridade na contratación pública.

4.7.1. Screening.

4.7.2. Vixilancia de colusión.

4.7.3. Sinais de alarma con análise de grandes volumes de datos.

4.7.4. Algoritmos de alerta temperá para detección de fraudes e conflito de intereses.

4.8. Contratación de sistemas de intelixencia artificial para a propia Administración.

4.8.1. Gobernanza.

4.8.2. Pregos.

4.8.3. Cláusulas tipo.

4.9. Resolución de recursos administrativos especias de contratación e procura de doutrina con intelixencia artificial.

4.9.1. Elaboración dun GPT para preguntas frecuentes.

5. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes para participar nesta acción formativa rematará o mércores 29 de abril de 2026.

Temas:Administración dixital, Administración local, Ensino e formación
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Deputación de Ourense
Ámbitos xeográficos:Ourense
Valorar:
Compartir contido