Ficha biblioteca

Nova A Xunta ofrece formación en 22 concellos sobre a configuración e o uso seguro dos teléfonos móbiles
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación27/04/2026 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración dixital, Ensino e formación Tipo de contidoEventos, Cursos ColectivosCidadáns/ás, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsXunta de Galicia, Modernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición Os cursos sobre Uso seguro do móbil: configuración e protección teñen como obxectivo mellorar a seguridade dixital da cidadanía e están dirixidos especialmente ás persoas maiores
Detalles contido
A Xunta ofrece formación en 22 concellos sobre a configuración e o uso seguro dos teléfonos móbiles Os cursos sobre Uso seguro do móbil: configuración e protección teñen como obxectivo mellorar a seguridade dixital da cidadanía e están dirixidos especialmente ás persoas maiores
27/04/2026|Xunta de Galicia

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia puxo en marcha unha nova edición das accións formativas da rede CeMIT en materia de ciberseguridade, centradas, nesta ocasión, no uso seguro do teléfono móbil. Os cursos estanse a desenvolver en 22 concellos de Galicia.

Esta formación está orientada a mellorar a seguridade e a confianza das persoas usuarias no uso cotián do teléfono móbil. A través dun enfoque práctico e accesible, aprenderanse pautas sinxelas para protexer o dispositivo e a información persoal, recoñecer situacións de risco e previr posibles fraudes dixitais. O obxectivo é fomentar un uso responsable da tecnoloxía reducindo a exposición a ameazas e aumentando a autonomía dixital das persoas participantes.

Os obxectivos desta formación son coñecer os principais riscos asociados ao uso do móbil, aprender a protexer o dispositivo mediante unha configuración axeitada, descargar e utilizar aplicacións de forma segura, identificar os fraudes máis habituais e saber como actuar ante problemas de seguridade ou perda do dispositivo.

As accións formativas terán unha duración aproximada de hora e media e os contidos abordarán cuestións chave como a seguridade nos dispositivos intelixentes, a xestión de aplicacións e permisos e as principais ameazas dixitais.

A Rede CeMIT

A Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica), é unha iniciativa posta en marcha pola Axencia autonómica, que conta coa colaboración de 90 concellos e está integrada por 93 centros. Entre os seus obxectivos está o de promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar á pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.

A listaxe completa e a localización das aulas CeMIT poden ser consultados en: http://cemit.xunta.es/centros.

Temas:Administración dixital, Ensino e formación
Colectivos:Cidadáns/ás, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Xunta de Galicia, Modernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia)
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido