Ficha biblioteca

Nova A Xunta celebrará as probas para obter os certificados de lingua galega Celga entre o 23 de maio e o 6 xuño
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación30/04/2026 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasLingua e literatura galega, Ensino e formación Tipo de contidoEventos, Novas ColectivosCidadáns/ás, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsXunta de Galicia, Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición Os exames realizaranse de forma presencial en Santiago de Compostela, Ponferrada e Madrid
Detalles contido
A Xunta celebrará as probas para obter os certificados de lingua galega Celga entre o 23 de maio e o 6 xuño Os exames realizaranse de forma presencial en Santiago de Compostela, Ponferrada e Madrid
30/04/2026|Xunta de Galicia
  • Trátase da primeira convocatoria deste ano da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para os niveis 2,3 e 4, os máis solicitados
  • As listaxes definitivas das persoas admitidas poden consultarse no Portal de Lingua

A Xunta de Galicia acaba de publicar no Diario Oficial de Galicia as datas para a realización dos exames que permiten obter os certificados oficiais que acreditan o coñecemento da lingua galega e que se celebrarán entre o 23 de maio e o 6 de xuño en Santiago de Compostela, Ponferrada e, tras máis dunha década, volverán facerse tamén en Madrid.

Trátase da primeira convocatoria que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude efectúa este 2026, centrada neste caso nas probas correspondentes aos niveis Celga máis solicitados, o 2, o 3 e o 4. Desta maneira, preténdese continuar favorecendo o coñecemento e emprego do galego en toda a sociedade e, especialmente, entre aquelas persoas non nacidas en Galicia ou que non tiveron este idioma como lingua materna, impulsando o interese por el.

Deste xeito, no caso das probas para a obtención do Celga 4, a convocatoria estableceuse para os días 23 e 24 de maio tanto en Santiago de Compostela, como en Ponferrada e Madrid.  Pola súa banda,  as datas das probas dos niveis 3 e 2 quedaron fixadas para os días 30 e 31 de maio, respectivamente, nas tres cidades. No caso, do grao 1, será só en Santiago de Compostela o 6 de xuño.

As listaxes definitivas das persoas solicitantes admitidas en cada unha das probas poden ser consultadas no Portal da Lingua Galega . En todas elas, a hora de comezo dos exames será ás 9,00 horas. No caso de Santiago de Compostela, realizaranse no instituto Antón Fraguas para os niveis 4, 3 e 2, mentres que para o Celga 1 será na Escola Galega de Administración Pública. En Ponferrada, celebraranse as probas na Escola Oficial de Idiomas, mentres que en Madrid os exames serán na Casa de Galicia.

A través desta convocatoria, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude mantén o seu compromiso coa promoción da lingua e a cultura galegas e o seu acercamento a outros territorios, dando así a oportunidade a que cada vez máis persoas poidan obter esta certificación. No marco do impulso do uso do idioma e do proceso iniciado baixo o Pacto pola lingua, a Administración Autonómica tamén está a poñer en marcha outras iniciativas como cursos previos para a preparación dos exames ou materiais didácticos gratuítos dispoñibles para a súa consulta no Portal da Lingua Galega.

 

Temas:Lingua e literatura galega, Ensino e formación
Colectivos:Cidadáns/ás, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Xunta de Galicia, Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido