Ficha biblioteca

Evento Curso básico de seguridade laboral no manexo de motoserras e rozadoiras manuais
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación04/05/2026 FonteBop de Ourense
Taxonomía
TemasAdministración local, Ensino e formación Tipo de contidoEventos, Cursos ColectivosEmpregados/as públicos/as OrganizaciónsDeputación de Ourense Ámbitos xeográficosOurense
Descrición Este curso ten por obxectivo dar a coñecer e diferenciar as partes dunha motoserra e unha rozadoira manual, grupo motor e órgano de corte, así como as diferentes pezas e o seu funcionamento.
Detalles contido
Lugar Instalacións do Parque Tecnolóxico de Galicia San Cibrao das Viñas OrganizadorDeputación de Ourense Datas
DíaHora inicioHora fin
14/05/2026 9:00 14:00
21/05/2026 9:00 14:00
Evento

Curso básico de seguridade laboral no manexo de motoserras e rozadoiras manuais

1. Persoas destinatarias

  • * Persoal dos equipos e das brigadas de medio ambiente responsables do mantemento das zonas verdes das entidades locais da provincia.
  • * Persoal das brigadas de vías e obras encargados da limpeza e mantemento da rede viaria.

2. Desenvolvemento.

  • 2.1. Modalidade da acción formativa: curso presencial.
  • 2.2. Duración: 10 horas lectivas por edición.
  • 2.3. Datas de realización: 14-21 de maio de 2026.
  • 2.4. Horario das sesións presenciais: de 09.00 a 14:00 horas
  • 2.5. Lugar de realización: Instalacións do Parque Tecnolóxico de Galicia (Avda. Galicia, s/n Edificio. CEI) San Cibrao das Viñas.
  • 2.6. Prazas: 15 participantes.
  • 2.7. Número de edicións: unha.

3. Obxectivos

  • * Dar a coñecer e diferenciar as partes dunha motoserra e unha rozadoira manual, grupo motor e órgano de corte, así como as diferentes pezas e o seu funcionamento.
  • * Instruír os/as asistentes para que sexan capaces de montar e desmontar as pezas principais da motoserra e a rozadoira manual co fin de conseguir un bo mantemento destas ferramentas de traballo.
  • * Aprender a realizar correctamente os labores de manexo e de mantemento e revisión que necesita unha motoserra e unha rozadoira manual.
  • * Estudar de forma práctica e adestrar aos participantes nas diferentes técnicas de apeo de árbores con seguridade, así como a espoladura e o tronzado.

4. Programa

4.1. A motoserra: visión xeral da materia.

4.1.1. Tipo e aplicacións.

4.1.2. Partes da motoserra: motor. órganos de corte. Mecanismos de seguridade. O embrague.

4.2. Técnicas de utilización da motoserra.

4.2.1. Métodos para poñer en marcha a motoserra.

4.2.2. Suxeición da motoserra durante o traballo.

4.2.3. Técnicas de corte: precisión e zonas de utilización da espada.

4.2.4. Tensor de cadeas.

4.3. Mantemento da motoserra.

4.3.1. Necesidades de limpeza.

4.3.2. Afiado da cadea.

4.3.3. Lubricación dos órganos de corte: sistemas. Funcións e lubricantes.

4.4. Prevención de riscos laborais.

4.4.1. Conceptos xerais.

4.4.2. Normas de seguridade no traballo con motoserras: seguridade física e ergonómica.

4.4.3. Equipo de seguridade persoal para traballos con motoserras.

4.5. A rozadoira manual.

4.5.1. Visión xeral da materia a impartir.

4.5.2. Tipo e aplicacións.

4.5.3. Partes da rozadoira manual. Motor. órganos de corte. Mecanismos de seguridade.

4.6. Técnicas de utilización da rozadoira manual.

4.6.1. Métodos para por en marcha a rozadoira manual.

4.6.2. Suxeición da rozadoira manual durante o traballo.

4.6.3. Técnicas de corte: Precisión e utilización dos discos.

4.7. Mantemento da rozadoira manual.

4.7.1. Necesidades de limpeza.

4.7.2. Tipos de elementos de corte.

4.7.3. Lubricación dos órganos de corte: Sistemas. Funcións e lubricantes.

4.8. Prevención de riscos laborais.

4.8.1. Conceptos xerais.

4.8.2. Normas de seguridade no traballo con rozadoira manual: Seguridade física e ergonómica.

4.8.3. Equipo de seguridade persoal para traballos con rozadoira manual.

4.6. Práctica.

4.6.1. Técnicas de apeo, espoladura e tronzado con motoserras.

4.6.2. Técnicas de roce.

5. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes para participar nesta acción formativa rematará o 8 de maio de 2026.

Temas:Administración local, Ensino e formación
Colectivos:Empregados/as públicos/as
Organizacións:Deputación de Ourense
Ámbitos xeográficos:Ourense
Valorar:
Compartir contido