Ficha biblioteca

Nova A Xunta incrementa ata os 10 M€ as axudas para proxectos municipais de carácter estratéxico
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación08/05/2026 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosEntidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición Os concellos disporán de 1,5 millóns máis que o ano pasado a través do fondo adicional ao fondo de cooperación local
Detalles contido
A Xunta incrementa ata os 10 M€ as axudas para proxectos municipais de carácter estratéxico Os concellos disporán de 1,5 millóns máis que o ano pasado a través do fondo adicional ao fondo de cooperación local
08/05/2026|Xunta de Galicia
  • As achegas financian ata o 50% do importe dos proxectos municipais, cun límite de 500.000 euros
  • As dúas convocatorias xa realizadas impulsaron 39 iniciativas cun investimento de 17 millóns de euros

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe unha nova convocatoria das axudas do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local destinadas a investimentos en infraestruturas municipais de carácter estratéxico, ao que se destinan este ano 10 millóns de euros, o que supón un incremento dun millón é medio de euros máis que o ano pasado.

Poden solicitar estas axudas os concellos que realicen investimentos en infraestruturas municipais que supoñan un desenvolvemento estratéxico desde o punto de vista económico, social ou territorial do concello. Cada proxecto estratéxico deberá ter un orzamento mínimo de 400.000 euros e a Xunta financiará un importe máximo por cada un deles do 50% do orzamento ou do custo final cun límite máximo de 500.000 euros. 

Na nova convocatoria publicada hoxe considéranse estratéxicos os proxectos nas infraestruturas locais que sexan fundamentais ou decisivos para a mellora dos servizos, para o desenvolvemento social ou para o equilibrio territorial e que teñan repercusión no ámbito supramunicipal ou comarcal.

Tamén teñen esta consideración os investimentos en infraestruturas locais con transcendencia económica ou industrial en sectores estratéxicos de ámbito supramunicipal, que incentiven o desenvolvemento empresarial ou que promovan o tecido comercial do devandito ámbito.

Ademais, inclúense como estratéxicos os proxectos de investimento para a conexión, a reorganización, o agrupamento ou a centralización de edificios destinados á prestación de diversos servizos municipais que teñan como finalidade a mellora do funcionamento administrativo e do acceso á cidadanía á realización de distintos trámites, que funcionen como espazos de encontro e interacción social ou que actúen como eixos para un modelo sustentable de mobilidade urbana.

O prazo para presentar as solicitudes será dun mes desde mañá e deberá realizarse de maneira obrigatoria por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta (https://sede.xunta.gal).

Impulso a 39 propostas

Con estas achegas para proxectos estratéxicos, que suman dúas convocatorias cun investimento de 8,5 millóns de euros cada unha delas, a Xunta apoiou no 2024 e no 2025 un total de 39 iniciativas dirixidas a mellorar servizos municipais que teñen repercusión supramunicipal ou comarcal.

Foi precisamente a elevada demanda que rexistrou a medida e a súa relevancia para os concellos o que levou a reforzar o seu orzamento para 2026 ata os 10 millóns de euros.

Compromiso cos concellos

O compromiso co eido local afiánzase con diversas liñas de axudas específicas aos concellos, como a Orde de infraestruturas de uso público, o Fondo de Compensación Ambiental e o Fondo de Cooperación Local, no que se enmarca esta liña dirixida a proxectos estratéxicos, ou o Plan específico de acción comunitaria, orientado a colectivos veciñais. A través delas impulsáronse ao longo do pasado ano 2025 preto dun milleiro de actuacións.

 

Temas:Administración pública, Administración local
Colectivos:Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido