CONVOCATORIA CURSOS DO PLAN AGRUPADO DE FORMACIóN CONTINUA DA DEPUTACIóN DE LUGO PARA O 2026
A área de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, dentro do Plan Agrupado de Formación Continua para o 2026, aprobado por Resolución da Presidencia desta Deputación de data 4 de maio de 2026, estando pendente de ditar, pola Directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) a Resolución pola que se aproban as bases reguladoras e convócanse as subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais de Galicia para o ano 2026, propón, a execución das seguintes accións formativas.
-
Procedemento contractual na administración local: suxeitos, obxecto e fases do procedemento contractual. modalidade en liña
-
A ciberseguridade en contornas laborais. modalidade en liña - transformación positiva dos conflitos no traballo. modalidade en liña
-
Transformación positiva dos conflictos no traballo
-
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. especial referencia ao procedemento sancionador. modalidade en liña
- Atención á cidadanía. modalidade en liña
- A intelixencia artificial aplicada á xestión local. modalidade en liña
- O papel das entidades locais na protección do medio ambiente. modalidade en liña
- Intervención policial con mobilidade eléctrica lixeira urbana. modalidade presencial
SOLICITUDES
- As solicitudes presentaranse de xeito telemático, a través da SEDE ELECTRóNICA DA DEPUTACIóN DE LUGO, APARTADO TRAMITES MáIS DESTACADOS - SOLICITUDE CURSOS FORMACION.
E demáis lugares de conformidade co artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas segundo o modelo publicado como anexo II nas presentes bases
PóDENSE SOLICITAR UN TOTAL DE 2 ACCIóNS FORMATIVAS E, ENTENDENDO QUE ESTáN RELACIONADAS COA SúA áREA DE TRABALLO, PODERASE CONCEDER CALQUERA DELAS, SEN SER DETERMINANTE A ORDE DE PREFERENCIA. DEPENDENDO DO NúMERO DE SOLICITUDES DE CADA ACCIóN FORMATIVA E DOS CRITERIOS DE SELECCIóN, PODEN CONCEDERSE 1, 2 OU NINGúN CURSO.
- A falsidade ou ocultación dos datos esenciais para a selección dos/as aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado.
- O prazo de presentación das solicitudes finalizará o 18 DE MAIO DE 2026. Todas aquelas instancias presentadas fora de prazo serán excluídas. Naquelas accións formativas que, unha vez finalizado o prazo, non se cubriran as prazas ofertadas, manterase aberto ata completarse estas, quedando pechado o devandito prazo cinco días hábiles antes do comezo do curso.
As características e contidos específicos destes cursos detállanse no anexo I e desenvolveranse de acordo coas seguintes: BASES XERAIS