Ficha biblioteca

Nova A Xunta beneficia a máis de 50 concellos coa nova liña de achegas para mellorar servizos básicos no rural e apoiar a fixación de poboación
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación15/05/2026 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións, Concesións ColectivosEntidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia, Medio Rural e do Mar Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, visitou hoxe a localidade de Pol, unha das beneficiarias destas axudas, coincidindo coa publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución pola que se conceden estes apoios
Detalles contido
A Xunta beneficia a máis de 50 concellos coa nova liña de achegas para mellorar servizos básicos no rural e apoiar a fixación de poboación A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, visitou hoxe a localidade de Pol, unha das beneficiarias destas axudas, coincidindo coa publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución pola que se conceden estes apoios
15/05/2026|Xunta de Galicia
  • A Consellería do Medio Rural investiu 5 millóns de euros, sendo a axuda máxima por concello de 100.000 euros
  • Con estes fondos será posible acometer obras de mellora nas redes de alumeado público; así como executar construcións ou rehabilitación de espazos públicos, dependencias municipais ou instalacións deportivas, entre outras

 

A Consellería do Medio Rural publica hoxe a resolución da primeira convocatoria de axudas para a prestación de servizos básicos locais que impulsen tecido produtivo e a fixación de poboación en áreas rurais, con 53 concellos beneficiarios e un investimento de 5 millóns de euros ao abeiro do Plan Estratéxico da PAC 2023-2027. Esta nova liña forma parte da decidida aposta da Xunta pola dinamización demográfica e a creación de condicións de vida de calidade no medio rural.

Neste sentido, a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, visitou hoxe o concello de Pol, un dos beneficiarios destas achegas. En concreto ten un importe aprobado de 100.000 euros para a mellora da accesibilidade e sinalización; para a ampliación de infraestrutura para recollida e xestión de residuos, coa adquisición de novos colectores; e para un parque infantil.

Estes fondos permiten acometer diferentes actuacións para mellorar os servizos básicos nas zonas beneficiadas, como poden ser obras de mellora nas redes de alumeado público ou a execución de construción e a rehabilitación de espazos públicos, dependencias municipais e instalacións deportivas. Ademais, poden restaurarse elementos patrimoniais e a súa contorna, no caso de ser necesario, e afondar na mellora de servizos asistenciais e culturais.

Neste sentido, subvenciónanse a construción, adquisición ou mellora de inmobles, terreos ou obras e maquinarias e bens de equipo necesario. Os proxectos beneficiados reciben unha porcentaxe de subvención equivalente á totalidade dos gastos subvencionados, cunha axuda máxima de 100.000 euros.

Os concellos que puideron solicitar esta partida de axudas son todos os  de Galicia que desenvolven os seus proxectos en zonas rurais, a excepción daquelas parroquias clasificadas como zonas densamente poboadas segundo o seu grao de urbanización recollido polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Estas parroquias localízanse nas sete cidades galegas e nos concellos de Culleredo, Narón, Oleiros, Barbadás e Poio.

Ligazón á resolución no DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260515/AnuncioO90-050526-0001_gl.html

Temas:Administración pública, Administración local
Colectivos:Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia, Medio Rural e do Mar
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido