Ficha biblioteca

Nova Augas de Galicia achega máis de 2.5M € as axudas destinadas á execución de actuacións para minimizar as perdas de auga en concellos e en entidades locais menores de Galicia
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación19/05/2026 FonteDOG
Taxonomía
TemasAdministración local Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosEntidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición Publicada no DOG a convocatoria e as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas á execución de actuacións para minimizar as perdas de auga en concellos e entidades locais menores da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas nun 70 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa Galicia Feder 2021-2027
Detalles contido
Augas de Galicia achega máis de 2.5M € as axudas destinadas á execución de actuacións para minimizar as perdas de auga en concellos e en entidades locais menores de Galicia Publicada no DOG a convocatoria e as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas á execución de actuacións para minimizar as perdas de auga en concellos e entidades locais menores da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas nun 70 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa Galicia Feder 2021-2027
18/05/2026|DOG

Entidades beneficiarias

Poderán ser entidades beneficiarias destas subvencións os concellos que teñan unha poboación total inferior a 20.000 habitantes e as entidades locais menores, e que sexan responsables de sistemas de abastecemento.

No caso concreto das entidades locais menores poderán ter a condición de entidades beneficiarias sempre que sexan titulares da rede de abastecemento sobre a cal se pretenda actuar ou teñan delegadas as competencias municipais en materia de abastecemento.

Obxecto

Establecer as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a execución de actuacións que permitan minimizar as perdas de auga en concellos cunha poboación inferior a 20.000 habitantes e en entidades locais menores da Comunidade Autónoma de Galicia, e convocar estas subvencións para o ano 2026 con carácter plurianual (2026-2027) (código de procedemento AU301E).

 Bases reguladoras

Publícase conxuntamente este extracto coa Resolución do 4 de maio de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas á execución de actuacións para minimizar as perdas de auga en concellos e en entidades locais menores da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas nun 70 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 con carácter plurianual (código de procedemento AU301E).

 Importe

As subvencións reguladas ao abeiro desta resolución financiaranse con cargo á conta financeira 6566 (subvencións de capital a corporacións locais) da entidade pública empresarial Augas de Galicia, por un importe de dous millóns cincocentos trinta e un mil douscentos oitenta e seis euros con sesenta e seis céntimos (2.531.286,66 €) e serán cofinanciadas nun 70 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.

O importe da subvención será do 100 % do gasto subvencionable, excluído o imposto sobre o valor engadido (IVE), co límite máximo de corenta e cinco mil euros (45.000,00 €) por solicitude, ata o esgotamento do crédito.

 Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 9.00 horas do día 27 de maio de 2026 e rematará ás 14.00 horas do día 29 de xuño de 2026.

Temas:Administración local
Colectivos:Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido