Ficha biblioteca

Nova A Xunta achega preto de 700.000€ á Fegamp para a limpeza de 34 centros públicos integrados
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación25/05/2026 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración pública Tipo de contidoNovas ColectivosCentros de ensino, Entidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición O Consello autoriza a renovación do acordo entre as dúas entidades para garantir o correcto funcionamento deste servizo en concellos de toda Galicia
Detalles contido
A Xunta achega preto de 700.000€ á Fegamp para a limpeza de 34 centros públicos integrados O Consello autoriza a renovación do acordo entre as dúas entidades para garantir o correcto funcionamento deste servizo en concellos de toda Galicia
25/05/2026|Xunta de Galicia

O Consello da Xunta autorizou hoxe a renovación do convenio entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para cubrir os gastos de limpeza de 34 centros públicos integrados (CPI) situados en concellos de toda Galicia. A través del, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP achegará á entidade municipal un total de 695.296 € para que desenvolva estas tarefas.

O obxectivo deste acordo é garantir o correcto funcionamento do servizo nesta tipoloxía de centros, situados no rural, nos que o alumnado pode cursar as etapas de infantil, primaria e ESO. Cómpre lembrar que a limpeza dos colexios das etapas de infantil e primaria é competencia municipal, mentres que o resto de etapas de ensino non universitario son responsabilidade da Xunta de Galicia.

Polo tanto, o convenio artella a colaboración para proceder nos casos concretos dos CPI, nos que a responsabilidade é compartida. Deste xeito, refórzase a cooperación entre institucións e garántese unha prestación eficaz e sostible dos servizos públicos, evitando duplicidades e favorecendo un uso responsable dos recursos.

Centros beneficiados

Na provincia da Coruña son 12 os centros educativos: o CPI Cruz de Sar (Bergondo), Antonio Orza Couto (Boqueixón), Vicente Otero Valcárcel (Carral), O Cruce (Cerceda), Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro), A Xunqueira (Fene), da Picota (Mazaricos), de Xanceda (Mesía), Virxe da Cela (Monfero), dos Dices (Rois), de Bembibre (Val do Dubra) e de Vedra (Vedra).

Os oito de centros de Lugo son o CPI Luis Díaz Moreno (Baralla), de Castroverde (Castroverde), de Cervantes (Cervantes), Virxe do Monte (Cospeito), de Seoane (Folgoso do Courel), Tino Grandío (Guntín), Uxío Novoneyra (Pedrafita do Cebreiro) e San Tomé de Carballo (Taboada)

En Ourense son sete, entre os que están o CPI Tomás Terrón Mendaña (Carballeda de Valdeorras), Virxe dos Remedios (Castro Caldelas), Antonio Failde (Coles), Laureano Prieto (A Gudiña), de Maside (Maside), de Padrenda-Crespos (Padrenda) e Virxe da Saleta (San Cristovo de Cea).

Por último, en Pontevedra son tamén sete: o CPI da Cañiza (A Cañiza), Curros Enríquez (Pazos de Borbén), de Pontecesures (Pontecesures), Domingo Fontán (Portas), Julia Becerra Malvar (Ribadumia), Manuel Suárez Marquier (O Rosal) e do Toural (Vilaboa).

 

Temas:Administración pública
Colectivos:Centros de ensino, Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido