Ficha biblioteca

Nova A Xunta apoia os concellos con máis de 5 M € para financiar o traballo dos Centros de Información á Muller
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 1 de 5 (1)
Datos contido
Información xeral
Data modificación02/06/2026 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración local, Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais Tipo de contidoAxudas e subvencións ColectivosEntidades locais, Mulleres OrganizaciónsXunta de Galicia Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición Estas axudas financian os gastos de persoal dos 84 CIM existentes en Galicia
Detalles contido
A Xunta apoia os concellos con máis de 5 M € para financiar o traballo dos Centros de Información á Muller Estas axudas financian os gastos de persoal dos 84 CIM existentes en Galicia
02/06/2026|Xunta de Galicia
  • As contías máximas das subvencións poden chegar ata os 120.000 euros cando a solicitude da subvención sexa conxunta
  • Ademais, o Goberno galego traballa en catro liñas estratéxicas para o impulso desta rede de centros centradas no seu fortalecemento, na formación, na coordinación institucional e na súa posta en valor

O Consello da Xunta abordou  dúas cuestións relacionadas cos centros de información á muller (CIM), servizos públicos fundamentais no eido da promoción da igualdade e na prevención e tratamento da violencia de xénero, que dependen dos concellos e que contan co apoio económico da Administración autonómica. En concreto, aprobouse unha nova orde de axudas para o seu funcionamento e un estudo sobre a situación desta rede, que inclúe unha serie de liñas estratéxicas de acción para o seu impulso.  

A Xunta destina este ano máis de 5 millóns de euros de fondos propios a unha nova convocatoria de subvencións para financiar os gastos de persoal que teñen os 84 CIM que existen hoxe en día en Galicia. Así, a través destas achegas sufrágase o custo dos postos de dirección, asesoramento xurídico, atención psicolóxica, persoal técnico e axentes de igualdade ou de formación do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero.

En canto ás contías destas axudas, cada concello pode recibir como máximo 52.000 euros e ata 120.000 euros no caso da solicitudes conxuntas. Así mesmo, concederase un adianto do 80 % do total da achega concedida.

O período de referencia para o desenvolvemento deste programa plurianual é o comprendido entre o pasado 1 de abril e o 31 de marzo de 2027, ambos os dous incluídos. Unha vez que as axudas saian publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG), os concellos contarán cun mes de para solicitalas.

Impulso dos CIM

Por outra banda, o Consello tamén deu conta dun estudo diagnóstico realizado pola Consellería de Política Social e Igualdade para coñecer a actual situación da rede CIM, as súas necesidades, recursos e funcionamento. Este estudo elaborouse con base en enquisas telemáticas aos concellos e aos profesionais dos centros.

A partir desta diagnose resultan catro liñas estratéxicas para o impulso destes recursos en que a Xunta traballará da man dos concellos. A primeira delas é o fortalecemento e a renovación dos recursos, mediante renovación dos medios técnicos e materiais á disposición do persoal destes centros.

A segunda liña estratéxica pasa pola mellora da formación e da intervención profesional, apostando por simplificar e axilizar os procedementos de traballo. A terceira céntrase nunha maior cooperación e colaboración institucional. Neste caso, trátase de reforzar a coordinación entre as distintas administracións públicas e de abrir novas vías de participación ás entidades do terceiro sector. A cuarta liña e último eixo de acción avoga pola posta en valor e polo impulso da actividade dos CIM.

Unha vez feito o estudo e fixado o marco de acción da Xunta, o seguinte paso é traballar no seu desenvolvemento da man dos concellos, así como un novo decreto autonómico de regulamento dos CIM adecuado á nova realidade que viven.

Tanto a orde de axudas aprobada hoxe polo Consello como este estudo para o impulso dos CIM forman parte das medidas que está a implantar a Xunta para a prevención e loita contra a violencia de xénero, o fomento da igualdade e o acompañamento ás persoas LGBTI.

Temas:Administración local, Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais
Colectivos:Entidades locais, Mulleres
Organizacións:Xunta de Galicia
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido