Resolución do 26 de maio de 2026 pola que se convocan as actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional
Requisitos dos/das participantes
- 1. Poderá participar nas accións formativas convocadas nesta resolución o persoal empregado público destinado na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, nas entidades públicas instrumentais enunciadas na letra a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e na Administración institucional, que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.
Exceptúase o persoal docente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; o persoal das escalas dos corpos da policía de Galicia e bombeiros, e o persoal do Servizo Galego de Saúde. Non se entende por tal o persoal empregado público da escala de saúde pública e Administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.
- 2. Sen prexuízo do anterior, poderán ofertarse actividades formativas ao persoal empregado público pertencente a outras administracións, entidades, organismos e institucións públicas da Comunidade Autónoma, cando así se estableza no epígrafe «persoal destinatario» da actividade formativa.
Desenvolvemento das actividades de formación
Os cursos realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web
Solicitudes
1. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 11 de xuño de 2026.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
2. O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a catro.
Denominación
Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas
- A actividade de fomento das administracións públicas: contratos administrativos, convenios de colaboración e ordes de subvencións
- A ética na Administración pública: principios básicos
- A Lei da ciencia, a tecnoloxía e a innovación
- Aplicación práctica da normativa de emprego público na Comunidade Autónoma de Galicia
- Aplicacións prácticas da Lei de subvencións de Galicia e o seu regulamento
- Execución de resolucións xudiciais: particularidades en procesos selectivos e contratación pública
- Integridade institucional e plans antifraude
- Patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia. Análise da Lei 6/2023 e a súa aplicación
- Redacción de textos normativos: directrices e criterios
- Xestión de listas de contratación temporal. Novo sistema de citacións electrónicas
- O procedemento de contratación. Problemáticas actuais e doutrina vixente dos tribunais de contratación pública
Unión Europea, políticas públicas e procedementos comunitarios
- Competencia e dereito da Unión Europea: a defensa da competencia nos procesos de contratación pública
- A Axenda 2030 para o desenvolvemento sustentable e a súa implementación nas administracións públicas
- Introdución aos fondos europeos
Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa
- Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base)
- Ferramentas de análise de datos
- Sistema de información contable e de tesouraría (Xumco2). Usuario avanzado
Plan formativo ofimático de Galicia
- Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Word 365)
Presidencia da Xunta de Galicia, secretarías xerais
- A web do IGE: presentación da información dispoñible e das formas de acceso. Introdución ao software libre R.
- Introdución a Python
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, prevención de riscos laborais
- Prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación
- Prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación
- Prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación
- Prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
- O cambio climático: impactos, riscos, adaptación e mitigación
- Funcionamento dos novos módulos e melloras da plataforma GaIA
- Avanzado de Sistemas de información xeográfica (SIX): ArcGIS PRO
Consellería de Facenda e Administración Pública
- Certificación dos fondos FSE+ nos sistemas de información
- Sistemas de control nas administracións públicas
- Visión xeral de tecnoloxías disruptivas orientado a persoal TIC
- Ferramentas para analítica de datos orientado a persoal TIC
- Tramitación de indemnizacións por asistencia a tribunais de procesos selectivos (TAIS)
Consellería de Economía e Industria
- Tramitación de instalacións de autoconsumo, almacenamento stand alone e hibridacións
- Introdución aos mercados de carbono
- Estatística avanzada co software libre R
- Programación básica de Python
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
- Xestión do tempo dirixido ao persoal do Issga e PRL
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
- Da estatística á avaliación nas bibliotecas
- Manexo de aplicacións para a comunicación gráfica coa mocidade
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
- Seguridade e protección de datos no ámbito educativo
- Promoción e mellora da convivencia e do benestar nos centros educativos
- Os problemas de comportamento no ámbito educativo
- Diversidade funcional e sistemas alternativos e aumentativos de comunicación (SAAC)
Consellería do Mar
- Formación en inspección pesqueira
- Introdución á oceanografía física de Galicia
Consellería do Medio Rural
- QGIS básico aplicado a procesos de reestruturación parcelaria
- Coñecemento e manexo práctico da plataforma Xeaga
- Xestión de alertas sanitarias. Enfermidades emerxentes
- Aplicacións informáticas para a xestión das axudas da solicitude única da PAC
Consellería de Política Social e Igualdade. Política Social
- Atención temperá desde a escola infantil: observación e acompañamento
- Prevención da soidade en persoas maiores.
Consellería de Sanidade
- Operacións e controis na industria láctea
- Resolución de conflitos na inspección de saúde pública
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
- A xestión do solo residencial no marco dos PIAS
- Construción industrializada
- Formación no emprego de Arcxis Pro avanzado para persoal técnico urbanístico
- Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia no ámbito da Administración pública