Ficha biblioteca

Nova A Xunta destaca os CIM móbiles como un recurso imprescindible para as mulleres do rural galego, onde realizou 400 actuacións informativas
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación08/06/2026 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais Tipo de contidoNovas ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais, Mulleres OrganizaciónsXunta de Galicia, Traballo e Benestar Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición Nos seus primeiros catro meses de funcionamento, percorreron máis de 60.000 quilómetros e estiveron presentes en 160 concellos
Detalles contido
A Xunta destaca os CIM móbiles como un recurso imprescindible para as mulleres do rural galego, onde realizou 400 actuacións informativas Nos seus primeiros catro meses de funcionamento, percorreron máis de 60.000 quilómetros e estiveron presentes en 160 concellos
08/06/2026|Xunta de Galicia
  • O máis demandado foi a atención psicolóxica, que representou a 60% dos casos, por diante das cuestións de carácter social ou xurídico

 

En catro meses de funcionamento, os catro Centros de Información á Muller (CIM) móbiles consolídanse como un recurso público e gratuíto fundamental para asesorar e acompañar as mulleres do rural galego. En concreto, case 400 se achegaron a trasladar todo tipo de cuestións e preocupacións, confirmando que este servizo “é moi necesario”. Así o cualificou a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, que esta mañá, acompañada do director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, participou na presentación do balance de actividade desta iniciativa.

Neste primeiro cuadrimestre, os CIM móbiles percorreron máis de 60.000 quilómetros; estiveron presentes en preto de 160 concellos galegos rurais das catro provincias e tamén nos sete campus universitarios. “Os ámbitos –incidiu a conselleira– onde consideramos que era máis necesario chegar”. Neste tempo, case 400 persoas se achegaron a informarse, o que se concretou en máis de 150 intervencións con usuarias.

O máis demandado foi a atención psicolóxica, que representou o 60% dos casos. Cuestións relativas á xestión emocional ou asesoramento sobre os vínculos afectivos, así como a identificación de patróns de alerta foron as consultas máis repetidas, por diante doutras de carácter social ou xurídico. Ademais, realizáronse accións de sensibilización tanto dirixidas a estudantes como en eventos sociais.

“Estamos ante un recurso imprescindible para seguir concienciando e sensibilizando a poboación”, remarcou Fabiola García, que engadiu que os CIM móbiles ofrecen “unha atención integral e multidisciplinar que os consolida como un recurso de proximidade”. Un dos aspectos que reafirma a boa acollida deste servizo é a súa alta demanda, xa que a maioría dos concellos solicitaron novas visitas destes CIM móbiles despois da primeira intervención.

Os CIM móbiles, lembrou a conselleira, reforzan o labor que desenvolven os 84 CIM cos que conta Galicia. Estes últimos son un recurso que o Goberno galego traballa para consolidar e, con este obxectivo, hai unha semana aprobou en Consello a convocatoria dunha nova orde de axudas de cinco millóns de euros para financiar o seu funcionamento.

“A Xunta –concluíu Fabiola García– está sempre ao carón de todas as mulleres que o precisen”. “Queremos que Galicia sexa unha comunidade na que as mulleres se poidan sentir independentes e libres”, rematou.

Temas:Administración pública, Administración local, Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais, Mulleres
Organizacións:Xunta de Galicia, Traballo e Benestar
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido