Ficha biblioteca

Evento Curso de Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Word 365)
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación08/06/2026 FonteDOG
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Ensino e formación Tipo de contidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locais, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsXunta de Galicia, Organizacións e Institucións Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición Este curso vai dirixido ao Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e Uvigo).
Detalles contido
LugarTeleformación OrganizadorEGAP Datas
DíaHora inicioHora fin
15/09/2026 9:00 20:00
15/10/2026 9:00 20:00
Evento

 

 

Código

Denominación

Persoal destinatario

Horas

Prazas

Modalidade

Data de inicio

Data de remate

Data e hora do exame final

Plan formativo ofimático de Galicia

FC26205

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Word 365)

 

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das Universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

30

50

Teleformación

15.9.2026

15.10.2026

20.10.2026 18.30 horas

 

Requisitos dos/das participantes

  • 1. Poderá participar nas accións formativas convocadas nesta resolución o persoal empregado público destinado na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, nas entidades públicas instrumentais enunciadas na letra a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e na Administración institucional, que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

Exceptúase o persoal docente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; o persoal das escalas dos corpos da policía de Galicia e bombeiros, e o persoal do Servizo Galego de Saúde. Non se entende por tal o persoal empregado público da escala de saúde pública e Administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.

  • 2. Sen prexuízo do anterior, poderán ofertarse actividades formativas ao persoal empregado público pertencente a outras administracións, entidades, organismos e institucións públicas da Comunidade Autónoma, cando así se estableza no epígrafe «persoal destinatario» da actividade formativa.

Desenvolvemento das actividades de formación

Os cursos realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web

Solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 11 de xuño de 2026.

 

Temas:Administración pública, Administración local, Ensino e formación
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Xunta de Galicia, Organizacións e Institucións
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido