Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar o contido ofrecido.
O concurso realizarase segundo as bases adxuntas e terá como finalidade dar visibilidade e incrementar a concienciación da cidadanía sobre os resultados e o valor engadido do apoio dos fondos europeos en Galicia.
As entidades locais de Galicia que desexen participar deben achegar información resumida sobre os seus proxectos, dispoñendo ata o vindeiro 10 de outubro, cubrindo o formulario de participación (que se xunta).
As propostas deberán remitirse á seguinte caixa de correo do Servizo de Seguimento e Comunicación dos Fondos Europeos da Dirección Xeral de Coordinación e Fondos Europeos: dxfondos.seguimento.facenda@xunta.gal
Para calquera dúbida ou aclaración ao respecto, pódese contactar cos teléfonos 981 545180 e 881 995422.
O prazo límite para a presentación dos proxectos remata o venres 19 de xuño de 2026.