Ficha biblioteca

Nova A Xunta destina un total de 5.075.508,00 € ás entidades locais de Galicia para o apoio aos centros de información á muller (CIM)
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación12/06/2026 FonteDOG
Taxonomía
TemasAdministración local, Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosEntidades locais, Mulleres OrganizaciónsXunta de Galicia Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición Publicada no DOG de hoxe a convocatoria de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para o apoio aos centros de información á muller (CIM), de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, para o ano 2026
Detalles contido
A Xunta destina un total de 5.075.508,00 € ás entidades locais de Galicia para o apoio aos centros de información á muller (CIM) Publicada no DOG de hoxe a convocatoria de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para o apoio aos centros de información á muller (CIM), de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, para o ano 2026
12/06/2026|DOG

Entidades beneficiarias

Poderán ser entidades beneficiarias das subvencións previstas nesta orde os concellos, mediante solicitude individual ou mediante solicitude conxunta de agrupación ou asociación de concellos, as mancomunidades de concellos de Galicia e os consorcios locais de Galicia, constituídos exclusivamente por concellos, así como as entidades resultantes dunha fusión municipal, sempre que reúnan os demais requisitos e condicións establecidos nas bases reguladoras. Quedan excluídas do ámbito de aplicación desta convocatoria as deputacións provinciais.

Obxecto

As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar no ano 2026 as subvencións ás entidades locais de Galicia, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, para o apoio aos centros de información á muller (en diante, CIM) acreditados segundo o establecido no Decreto 130/2016, do 15 de setembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para o recoñecemento e acreditación dos centros de información á muller de titularidade das entidades locais de Galicia, así como para a modificación e extinción do seu recoñecemento (código de procedemento SI427B).

Bases reguladoras

Orde do 3 de xuño de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para o apoio aos centros de información á muller (CIM), de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento SI427B).

Importe

1. ás subvencións obxecto desta convocatoria destínase un crédito por un importe total de cinco millóns setenta e cinco mil cincocentos oito euros (5.075.508,00 €) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, distribuídos en dúas anualidades e que se imputarán ás aplicacións orzamentarias seguintes:

Aplicación

Código de proxecto

Importe 2026 (€)

Importe 2027 (€)

Total (€)

08.07.313B.460.0

2015 00144

3.045.508,00

1.800.000,00

4.845.508,00

08.07.313D.460.0

230.000,00

0,00

230.000,00

Total

3.275.508,00

1.800.000,00

5.075.508,00

2. A contía total máxima de axuda é de 52.000,00 euros, no caso de que se trate dunha solicitude individual, e de 120.000,00 euros, no caso de que se trate dunha solicitude para a xestión compartida ou dunha entidade resultante dunha fusión de concellos.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Temas:Administración local, Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais
Colectivos:Entidades locais, Mulleres
Organizacións:Xunta de Galicia
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido