Ficha biblioteca

Nova A Xunta aproba o calendario laboral para 2027 co 19 de marzo e o 17 de maio como festivos propios
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación15/06/2026 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración pública Tipo de contidoNovas ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsXunta de Galicia Ámbitos xeográficosGalicia
Imaxe do contido
Descrición O Consello da Xunta aprobou hoxe o decreto da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración que determina as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o vindeiro ano
Detalles contido
A Xunta aproba o calendario laboral para 2027 co 19 de marzo e o 17 de maio como festivos propios O Consello da Xunta aprobou hoxe o decreto da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración que determina as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o vindeiro ano
15/06/2026|Xunta de Galicia
  • Lembra que a normativa fixa 14 festivos: 12 marcados polo Estado e dous elixidos polos concellos
  • Dos 12 festivos de ámbito nacional, 9 son obrigatorios e só poden ser substituídos cando coincidan en domingo, ben polo luns seguinte ou ben por outro día que sexa de interese para a Comunidade Autónoma
  • En 2027 prodúcese esta circunstancia o 15 de agosto (Asunción da Virxe), polo que Galicia propón cambialo polo 17 de maio (Día das Letras Galegas)
  • Dos tres días festivos de carácter opcional, é dicir, que se poden substituír (Día de Reis, Xoves Santo, e San Xosé ou Día Nacional de Galicia), a Comunidade galega sempre opta polo 25 de xullo, pero, ao coincidir en domingo, escolle o 19 de marzo (San Xosé)

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Consello da Xunta aprobou o calendario laboral de Galicia previsto para 2027, no cal se inclúen como festivos propios “o 19 de marzo, día de San Xosé, e o 17 de maio, Día das Letras Galegas”.

Tal e como lembrou o titular do Executivo galego, a normativa estatal, fixada polo Real decreto 2001/1983, establece as 14 festas anuais de ámbito nacional non recuperables, remuneradas e de carácter obrigatorio. Destes 14 festivos, “dous deles elíxeos cada concello”.

Dos outros 12 restantes, 9 son de carácter obrigatorio e non substituíbles a non ser que coincidan en domingo: 1 de xaneiro, Venres Santo (26 de marzo de 2027), 1 de maio, 15 de agosto, 12 de outubro, 1 de novembro, 6 de decembro, 8 de decembro e 25 de decembro. No ano 2027 hai un festivo nacional de carácter obrigatorio que coincide en domingo: o 15 de agosto (Asunción da Virxe), que Galicia propón substituír polo 17 de maio (Día das Letras Galegas).

O presidente sinalou que os outros tres festivos de carácter nacional son opcionais, é dicir, poden ser substituídos polas comunidades autónomas: o 6 de xaneiro, que en Galicia nunca se cambia, agás que coincida en domingo; o Xoves Santo (que en 2027 se celebrará o 25 de marzo), que na Comunidade galega non se modifica de xeito tradicional, e dáselles a opción ás comunidades de escoller como opcional entre o 19 de marzo e o 25 de xullo. A Xunta sempre elixe o 25 de xullo, xa que é o Día Nacional de Galicia, tal e como quedou establecido polo Decreto 8/1978, do 10 de xullo, pero, ao coincidir en domingo, o vindeiro ano elíxese o 19 de marzo (San Xosé).

Polo tanto, as festas do calendario laboral para Galicia en 2027 que se determinan son: 1 de xaneiro (Aninovo), 6 de xaneiro (Epifanía do Señor - Día de Reis), 19 de marzo (San Xosé), 25 de marzo (Xoves Santo), 26 de marzo (Venres Santo), 1 de maio (Festa do Traballo), 17 de maio (Día das Letras Galegas), 12 de outubro (Festa Nacional de España), 1 de novembro (Todos os Santos), 6 de decembro (Día da Constitución), 8 de decembro (Inmaculada Concepción) e 25 de decembro (Natividade do Señor). Ademais destes días, cada concello determina dúas xornadas festivas como propias da súa localidade.

Temas:Administración pública
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Xunta de Galicia
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido