Ficha biblioteca

Nova A Xunta destina máis de 1M€ ás novas axudas aos concellos para a adquisición de equipamento destinado á prevención de lumes forestais
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación15/06/2026 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Emerxencias e seguridade Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosEntidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe as bases reguladoras da iniciativa, destinada a localidades de ata 30.000 habitantes que poderán recibir un máximo de 30.000 euros por proxecto
Detalles contido
A Xunta destina máis de 1M€ ás novas axudas aos concellos para a adquisición de equipamento destinado á prevención de lumes forestais O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe as bases reguladoras da iniciativa, destinada a localidades de ata 30.000 habitantes que poderán recibir un máximo de 30.000 euros por proxecto
15/06/2026|Xunta de Galicia
  • O obxectivo é dotar as administracións locais dun parque de maquinaria suficiente e adecuada para a realización de limpeza e roza
  • A medida enmárcase no compromiso do Goberno galego co eido local e súmase a outras liñas de apoio que permitiron en 2025 impulsar case 600 proxectos municipais con máis de 37,5 millóns de euros

 

Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria das novas axudas autonómicas para facilitarlles aos concellos a adquisición de vehículos, as súas adaptacións e maquinaria vinculada a actuacións de prevención de incendios forestais. A medida conta cunha dotación superior ao millón de euros, cofinanciado con fondos Feder, e vai destinada ás localidades de ata 30.000 habitantes que poderán recibir un máximo de 30.000 euros por proxecto.

Os investimentos subvencionables, que non poden estar adquiridos antes da presentación da solicitude de axuda, comprenden maquinaria, vehículos lixeiros e especiais e as súas adaptacións destinados ás brigadas de protección do ambiente e do espazo natural para a execución de tarefas específicas de prevención de lumes forestais. Trátase de equipamento como miniescavadoras, compactadoras ou rodetes, pequenos tractores, rozadoiras, remolques, trituradores, vehículos todoterreo e minicamións, entre outros.

Segundo se establece na orde publicada, cada concello poderá presentar unha única solicitude cun único proxecto, que pode abranguer distinto equipamento, presupostado como mínimo en 15.000 euros. As administracións locais interesadas en acollerse á medida deberán presentar as solicitudes obrigatoriamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) no prazo dun mes a partir de mañá.

O obxectivo da nova convocatoria é dotar os concellos dun parque de maquinaria suficiente e adecuada para a realización de actividades de limpeza e roza de espazos e zonas verdes en bordes de estradas, contornas de núcleos de poboación e espazos naturais como medidas preventivas fronte aos incendios forestais.

Apoio ao eido local

A medida súmase ás diferentes liñas de apoio que activa cada ano o Goberno galego para facilitarlles ás administracións locais tanto a mellora de equipamento como de infraestruturas. Así, os concellos contan tamén co Fondo de Compensación Ambiental, dotado con máis de 11,4 millóns de euros e destinado a investimentos e custos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do medio; a orde de axudas para a creación e mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, cun orzamento de 3,5 millóns de euros; e co fondo adicional do Fondo de Cooperación Local (FCL) para proxectos de carácter estratéxico, que conta con 10 millóns de euros. A elas súmase o Fondo de Cooperación Local, que segue subindo e chega a 187 millóns de euros, un 12% por riba de 2025.

O compromiso da Xunta coas entidades locais permitiu o pasado ano impulsar case 600 proxectos municipais financiados a través das distintas liñas de axudas, coa distribución de máis de 37,5 millóns de euros.

Temas:Administración pública, Administración local, Emerxencias e seguridade
Colectivos:Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido