Obxectivos
Esta actividade ten como finalidade afondar na comprensión do concepto de forza maior e da súa incidencia no ámbito da responsabilidade patrimonial das administracións públicas. Así mesmo, analizaranse os supostos de responsabilidade en que concorren causas vinculadas a desastres naturais e examinarase a xurisprudencia máis relevante en materia de responsabilidade patrimonial derivada de catástrofes naturais.
Persoas destinatarias
Esta actividade está dirixida ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; da Administración local, da Administración de xustiza e das universidades do Sistema universitario de Galicia, así como a xuristas, profesionais, alumnado universitario e persoas interesadas en xeral.
Desenvolvemento
- Data: xoves, 2 de xullo de 2026.
- Modo de impartición: telepresenza.
- Horario: das 12.00 ás 14.00 horas.
- Duración: 2 horas lectivas.
O funcionamento básico da plataforma de telepresenza require que cada alumno/a dispoña dos seguintes compoñentes:
- 1. Ordenador de escritorio, portátil ou smartphone.
- 2. Conexión estable a internet.
- 3. Navegador web Google Chrome ou Mozilla Firefox nas últimas versións.
- 4. Altofalantes (se o monitor ou equipo non dispón deles).
Na web da EGAP está dispoñible un manual de axuda coa información necesaria para conectarse e utilizar a plataforma de telepresenza da EGAP. Pode accederse ao devandito manual desde o seguinte enderezo:
https://egap.xunta.gal/Documentos/recursos/[1742372613]Manual_TELEPRESENZA_v25_gl.pdf
Número de prazas Cen (100).
Inscrición
1. As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo . As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
2. Antes de formalizar a súa inscrición nesta actividade todas as persoas deberán introducir ou actualizar os datos da súa área de matrícula, de acordo co establecido na base segunda desta convocatoria respecto das persoas destinatarias.
3. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas da actividade solicitada e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
4. As persoas interesadas deberán seleccionar, en primeiro lugar, a área en que está integrada esta actividade (Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas) e despois seleccionar o nome do curso: webinario Responsabilidade patrimonial polos danos derivados das medidas adoptadas ou non adoptadas nos casos de crises e emerxencias causadas por catástrofes naturais.
5. O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.59 horas do día 28 de xuño de 2026.
Temas:Administración pública, Administración local, Ensino e formación
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Xunta de Galicia, Organizacións e Institucións
Ámbitos xeográficos:Galicia