Ficha biblioteca

Nova Galicia sitúase por riba da media europea en varios ámbitos da capacitación dixital como a comunicación, información, resolución de problemas e seguridade
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación22/06/2026 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración dixital Tipo de contidoNovas, Estudos, Estatísticas ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsXunta de Galicia, Modernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición Máis dun terzo da poboación galega xa ten competencias dixitais avanzadas
Detalles contido
Galicia sitúase por riba da media europea en varios ámbitos da capacitación dixital como a comunicación, información, resolución de problemas e seguridade Máis dun terzo da poboación galega xa ten competencias dixitais avanzadas
22/06/2026|Xunta de Galicia
  • Galicia sitúase por riba da media europea en varios ámbitos da capacitación dixital como a comunicación, información, resolución de problemas e seguridade
  • A Xunta de Galicia emitiu en 2025 máis de 42.400 certificados de capacitación dixital

 

O 37,6 % da poboación galega de entre 16 e 74 anos conta xa con competencias dixitais avanzadas, o que supón que máis dun terzo da cidadanía acadou o nivel máis alto de capacitación dixital. Son a porcentaxe maioritaria do 61,4 % dos galegos e galegas que dispón de competencias dixitais segundo sinala o Informe sobre as Competencias Dixitais da poboación galega 2025, elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información e da Modernización de Galicia (Osimga).

Segundo recolle o documento, elaborado a partir de datos do INE, as competencias dixitais avanzadas rexistraron un incremento do 4,4 % no último ano. A capacitación dixital da cidadanía é un eixo da Estratexia Galicia Dixital 2030 e, entre as medidas postas en marcha por Xunta de Galicia está o Marco Galego de Competencias Dixitais, que permite acreditar os coñecementos e habilidades dixitais a través do certificado ComDix. En 2025, un total de 42.414 galegos e galegas obtiveron esta certificación oficial emitida pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). 

Converxencia co Estado

O informe sitúa a Galicia nunha posición intermedia‑alta no contexto europeo, con valores superiores á media da Unión Europea no indicador global de competencias dixitais, superando nun punto porcentual a suma de básicas e avanzadas. Ademais, mantense a redución sostida da distancia coa media estatal, especialmente nos niveis máis altos de capacitación, onde pasou de 2,9 a 1,2 puntos porcentuais de distancia.

En canto á análise por ámbitos, o informe sinala que as competencias relacionadas coa comunicación e a colaboración son as máis estendidas na Comunidade e que o 92,8 % da poboación conta cun nivel básico ou avanzado neste eido, por riba da media europea.

A información e alfabetización de datos presenta resultados moi positivos en Galicia. En 2025, o 86,5 % da poboación dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto da media estatal.

Destaca tamén a dimensión de seguridade dixital, na que Galicia acada unha das maiores vantaxes respecto da media europea. O 77,3 % da poboación dispón de competencias básicas ou avanzadas nesta dimensión e o 64,7 % en competencias avanzadas,  fronte ao  51,3 % de Europa

A creación de contidos dixitais segue a ser a dimensión con menor nivel de extensión tanto en Galicia como no conxunto do Estado. En 2025, o 68,1 % dos galegos presenta competencias básicas ou avanzadas neste ámbito, case ao mesmo nivel que a media europea (68,5) e  lixeiramente por riba en competencias avanzadas: 46,9 % fronte ao 46,2 % de Europa.

Poden consultarse os datos deste informe na seguinte ligazón: www.osimga.gal

Temas:Administración dixital
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Xunta de Galicia, Modernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia)
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido