Ficha biblioteca

Nova Apoio da Xunta para financiar o traballo dos CIM cunha nova orde de axudas de máis de 5 M€
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación30/06/2026 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosEntidades locais, Mulleres OrganizaciónsXunta de Galicia, Traballo e Benestar Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición O delegado territorial subliñou os máis dun millón de euros que a Consellería de Política Social e Igualdade destinou na convocatoria do ano 2025 destas axudas, aos 17 CIM da provincia de Ourense a prol da promoción da igualdade e da prevención e tratamento da violencia de xénero
Detalles contido
Apoio da Xunta para financiar o traballo dos CIM cunha nova orde de axudas de máis de 5 M€ O delegado territorial subliñou os máis dun millón de euros que a Consellería de Política Social e Igualdade destinou na convocatoria do ano 2025 destas axudas, aos 17 CIM da provincia de Ourense a prol da promoción da igualdade e da prevención e tratamento da violencia de xénero
30/06/2026|Xunta de Galicia
  • Manuel Pardo lembrou que a Xunta ten aberto o prazo dunha nova orde desta axudas dotada de máis de 5 millóns de euros ata o vindeiro 13 de xullo, para financiar os gastos de persoal que teñen os 84 CIM que existen hoxe en día en Galicia
  • En canto ás contías destas axudas, o representante autonómico explicou que cada concello pode recibir como máximo 52.000 euros e ata 120.000 euros no caso da solicitudes conxuntas. Así mesmo, concederase un adianto do 80 % do total da achega concedida
 

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou esta mañá o CIM do concello do Carballiño; un dos 17 centros ourensás beneficiados na convocatoria do ano 2025, das axudas para a promoción da igualdade, nos que a Xunta destinou máis dun millón de euros, co fin de fortalecer estes servizos públicos fundamentais no eido da promoción da igualdade e na prevención e tratamento da violencia de xénero, que dependen dos concellos e que contan co apoio económico da Administración autonómica.

Durante a súa visita a este centro, que percibiu unha achega da  Consellería de Política Social e Igualdade de máis de 45.000 euros e que ten unha área de influencia nos concellos de Beariz, Boborás, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro e San Cristovo de Cea, o delegado territorial lembrou que a Xunta ten aberto o prazo dunha nova orde desta axudas dotada de máis de 5 millóns de euros ata o vindeiro 13 de xullo, para financiar os gastos de persoal que teñen os 84 CIM que existen hoxe en día en Galicia. Así, a través destas achegas sufrágase o custo dos postos de dirección, asesoramento xurídico, atención psicolóxica, persoal técnico e axentes de igualdade ou de formación do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero.

En canto ás contías destas axudas, Manuel Pardo explicou que cada concello pode recibir como máximo 52.000 euros e ata 120.000 euros no caso da solicitudes conxuntas. Así mesmo, concederase un adianto do 80% do total da achega concedida. Neste marco, concretou que o período de referencia para o desenvolvemento deste programa plurianual é o comprendido entre o pasado 1 de abril e o 31 de marzo de 2027, ambos os dous incluídos.

O representante do Goberno galego agradeceu o labor que desempeñan a diario as profesionais destes centros e trasladou o compromiso da Xunta para seguir traballando na mellora do servizo e na atención ás mulleres que o precisan. Deste xeito, recalcou que esta é unha mostra máis do compromiso do Executivo galego na loita contra a violencia de xénero.

Temas:Administración pública, Administración local, Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais
Colectivos:Entidades locais, Mulleres
Organizacións:Xunta de Galicia, Traballo e Benestar
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido