Ficha biblioteca

Nova A Xunta destina máis de 20 m€ a programas integrados de emprego e de cooperación apostando polo reforzo laboral de eidos estratéxicos como os servizos sociais
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación30/06/2026 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición O Consello de Goberno aprobou , por unha banda, a convocatoria 2026-2027 dos programas integrados de emprego, que eleva o orzamento ata os 11 M€ co obxectivo de impulsar 50 PIE de 12 meses que beneficiarán unhas 4.700 persoas desempregadas
Detalles contido
A Xunta destina máis de 20 m€ a programas integrados de emprego e de cooperación apostando polo reforzo laboral de eidos estratéxicos como os servizos sociais O Consello de Goberno aprobou , por unha banda, a convocatoria 2026-2027 dos programas integrados de emprego, que eleva o orzamento ata os 11 M€ co obxectivo de impulsar 50 PIE de 12 meses que beneficiarán unhas 4.700 persoas desempregadas
30/06/2026|Xunta de Galicia
  • — Entre as novidades da orde que combina orientación, formación e posibles prácticas non laborais en empresas —priorizando os sectores estratéxicos—, resérvase 1 M€ para programas dirixidos a persoas en situación ou risco de exclusión social
  • — Poderán acceder a esta reserva unicamente as entidades inscritas no Rexistro único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, con proxectos de 60 persoas que manterán o compromiso xeral mínimo de inserción laboral dun 35 % das persoas participantes
  • — Por outra banda, o Consello tamén aprobou os novos programas de cooperación para o fomento do emprego a través das entidades sen ánimo de lucro que buscan precisamente reforzar os servizos sociais, elevando o orzamento por riba dos 9,4 M€
  • — A previsión é apoiar a contratación de case 400 persoas en máis de 200 entidades cuxa actividade principal sexa o fomento da inserción de persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, servizos comunitarios, maiores, mulleres ou infancia

 O Consello da Xunta aprobou hoxe máis de 20 M€ en dúas convocatorias da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para impulsar as oportunidades laborais das persoas desempregadas, especialmente en sectores estratéxicos como o dos servizos sociais. Por unha banda, deu o visto e prace á orde 2026-2027 dos programas integrados de emprego, que elevan o seu orzamento a 11 M€ para impulsar 50 PIE de 12 meses de duración que beneficiarán unhas 4.700 persoas sen traballo. Por outra, referendou as axudas deste ano para o fomento do emprego con programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro: 9,4 M€ para apoiar a contratación de case 400 persoas en máis de 200 entidades.

En ambos os casos trátase de subas orzamentarias que roldan o 7 % orientadas a consolidar tanto a formación para o emprego como os incentivos á contratación, co foco posto na mellora da empregabilidade e na creación de postos de traballo de calidade dando cobertura ás vacantes laborais existentes en sectores e contornas concretas.

No caso dos PIE, a convocatoria bianual volve estar dirixida a entidades locais, con 4,4 M€ de orzamento, e para as entidades sen ánimo de lucro, ás cales se destinan 6,6 M€. Desta segunda epígrafe, e como novidade, resérvase 1 M€ para programas destinados a persoas desempregadas en situación ou risco de exclusión social, á cal só poderán acceder as entidades inscritas no Rexistro único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Consellería de Política Social e Igualdade, con carácter previo á publicación da convocatoria. Polo demais, volven reservarse 2 M€ para programas dirixidos en exclusiva a mulleres desempregadas e outros 2 M€ para persoas maiores de 52 anos.

Estes programas nos que participaron unhas 67.000 persoas cun investimento superior aos 130 M€ desde o ano 2009, combinan orientación, asesoramento, formación teóricopráctica de calidade —dentro das categorías incluídas no Catálogo de especialidades do Servizo de Emprego Público Estatal (SEPE) —, e a posibilidade de realización de prácticas profesionais non laborais en empresas, valorándose os proxectos innovadores, con formación en especialidades relacionadas con sectores estratéxicos ou cun alto nivel de inserción e iniciativas pegadas ao territorio.

Cada programa integrado de emprego estará formado por 100 ou 60 persoas en paro (segundo sexa un PIE tradicional ou dos novos que se incorporan para entidades prestadoras de servizos sociais), con especial atención a colectivos prioritarios e establecendo que un mínimo do 35 % dos participantes deberán ser inseridos no mercado laboral durante a execución do proxecto. Como novidades a maiores, redúcese a documentación necesaria no proceso de solicitude, aumenta o importe global máximo subvencionable por PIE —de 220.000 a 230.00 €— e tamén a porcentaxe de imputación do persoal propio da entidade ao programa —do 80 ao 100 % do salario deste persoal— e a porcentaxe de subcontratación das actividades de formación —dun 30 a un 40 %—.

Programas de cooperación

No que respecta aos programas de cooperación de 2026 para o fomento do emprego a través das entidades sen ánimo de lucro, búscase reforzar o labor específico das inscritas como “iniciativa social” no Rexistro único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais. A súa actividade principal, polo tanto, debe estar dirixida a desenvolver ou fomentar accións para a inserción das persoas con discapacidade, en risco de exclusión social, servizos comunitarios, igualdade, maiores, familia, infancia, menores ou mulleres.

En concreto, a convocatoria busca favorecer a contratación nestas entidades —durante 9 meses a tempo completo ou 12 meses a tempo parcial— de persoas desempregadas e proporcionarlles unha experiencia profesional que facilite a súa inserción laboral. Así, a orde combina creación de emprego, formación práctica e prestación de servizos de interese público, xerando un impacto directo na sociedade.

Dando resposta á crecente demanda de servizos sociais, contribúe ademais a reducir desigualdades no acceso ao emprego e fortalece a cohesión territorial e social de Galicia. Desde 2009 estes programas permitiron contratar preto de 11.300 persoas desempregadas cun investimento de 190 M€

Temas:Administración pública, Administración local, Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido