Publicada a resolución de concesión das axudas convocadas ao abeiro da Orde do 15 de xaneiro de 2026, relacionadas nas táboas que se xuntan como anexo I (Relación de entidades beneficiarias), anexo II (Relación de solicitudes desestimadas por esgotamento de crédito ou por non acadar a puntuación mínima) e anexo III (Relación de solicitudes inadmitidas, excluídas ou desestimadas), cuxos importes foron determinados de conformidade co previsto nas bases reguladoras da convocatoria, financiadas con cargo á aplicación orzamentaria 06.03.541D.760.1 (código de proxecto 2026 00010) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026, concedidas ao abeiro do seguinte:
a) Norma reguladora da convocatoria: Orde do 15 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións dirixidas a incrementar a ecoeficiencia na xestión dos residuos de competencia municipal, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, cunha taxa de cofinanciamento do 60 % do gasto elixible para o ano 2026 (código de procedemento MT975X).
b) Aplicación orzamentaria: aplicación orzamentaria 06.03.541D.760.1 (código de proxecto 2026 00010), correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, cun importe total de cinco millóns cento vinte e nove mil oitocentos setenta e seis euros (5.129.876,00 €).
c) Finalidade da axuda: o financiamento de actuacións dirixidas a incrementar a ecoeficiencia na xestión dos residuos de competencia municipal, en concreto, para ampliar o grao de implantación territorial e a calidade da recollida separada da fracción dos biorresiduos; proxectos que incentiven a recollida separada de residuos téxtiles; proxectos destinados á mellora da rede de puntos limpos de Galicia, e proxectos de dixitalización que permitan o establecemento de taxas de residuos diferenciadas.
d) Destinatarios: poderán ser entidades beneficiarias as entidades locais municipais, supramunicipais e agrupacións de entidades locais de Galicia, de conformidade coas competencias que lles correspondan en materia de xestión de residuos, que cumpran os requisitos establecidos para cada unha das liñas subvencionables sinaladas nesta orde.
e) Porcentaxe de financiamento: as axudas desta convocatoria de subvencións serán cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, cunha taxa de cofinanciamento do 60 % do gasto elixible, computando como cofinanciamento nacional o 40 % restante de fondos propios da Comunidade Autónoma.
- – Liña 1. O importe máximo da subvención acadada non poderá superar os 30.000 €. Non obstante, esta cantidade poderá ampliarse, no caso de solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local, en 5.000 € máis por cada entidade participante a maiores da que figure na solicitude, ata un máximo de 45.000 €.
- – Liña 2. O importe máximo da subvención non poderá superar os 120.000 €. Non obstante, esta cantidade poderá ampliarse, no caso de solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local, en 10.000 € máis por cada entidade participante a maiores da que figure na solicitude, ata un máximo de 150.000 €.
- – Liña 3. O importe máximo da subvención acadada non poderá superar os 20.000 €. Non obstante, esta cantidade poderá ampliarse, no caso de solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local, en 2.000 € máis por cada entidade participante a maiores da que figure na solicitude, ata un máximo de 26.000 €.
- – Liña 4. O importe máximo da subvención acadada non poderá superar os 8.000 €. Non obstante, esta cantidade poderá ampliarse, no caso de solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local, en 1.000 € máis por cada entidade participante a maiores da que figure na solicitude, ata un máximo de 10.000 €.
- – Liña 5. O importe máximo da subvención acadada non poderá superar os 80.000 €. Non obstante, esta cantidade poderá ampliarse, no caso de solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local, en 10.000 € máis por cada entidade participante a maiores da que figure na solicitude, ata un máximo de 110.000 €.
- – Liña 6. O importe máximo da subvención acadada non poderá superar os 15.000 €. Non obstante, esta cantidade poderá ampliarse, no caso de solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local, en 2.000 € máis por cada entidade participante a maiores da que figure na solicitude, ata un máximo de 21.000 €.
- – Liña 7. O importe máximo da subvención acadada non poderá superar os 15.000 €. Non obstante, esta cantidade poderá ampliarse, no caso de solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local, en 1.000 € máis por cada entidade participante a maiores da que figure na solicitude, ata un máximo de 18.000 €.
As contías concedidas foron determinadas de conformidade co previsto nas bases reguladoras da convocatoria, incluídas as previsións aplicables para o cálculo do orzamento subvencionable.
f) Período subvencionable e prazo de execución: o período subvencionable será o comprendido entre a presentación da solicitude de axuda e o 1 de novembro de 2026, ambos incluídos.
Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados, e a documentación xustificativa deberá presentarse, como data límite, o 1 de novembro de 2026.
g) Xustificación das subvencións: as entidades beneficiarias das axudas quedan obrigadas a acreditar, no prazo máximo a que se refire o artigo anterior, a realización dos proxectos subvencionados e a xustificar a totalidade do orzamento en virtude do establecido na resolución de concesión que lles foi notificada. En caso de non xustificarse a totalidade do orzamento do proxecto, a subvención será minorada na mesma proporción.
A xustificación terá que axustarse ao sinalado nos artigos 25 e 26 da Orde do 15 de xaneiro de 2026 (DOG núm. 25, do 6 de febreiro).
h) Requisitos e obrigas que hai que observar: os recollidos nos artigos 4 e 22 da Orde do 15 de xaneiro de 2026 (DOG núm. 25, do 6 de febreiro).
i) Aceptación e renuncia das subvencións: as entidades beneficiarias deberán aceptar ou, de ser o caso, renunciar á subvención concedida nos termos e prazos establecidos no artigo 21 da Orde do 15 de xaneiro de 2026 (DOG núm. 25, do 6 de febreiro).
Relación de entidades beneficiarias