Ficha biblioteca

Nova A Xunta concienciará as novas xeracións de máis de 60 concellos galegos sobre o consumo responsable e sustentable coa campaña ‘Veráns de Lecer Consumo’
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación03/07/2026 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración pública, Ensino e formación, Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais Tipo de contidoNovas ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición A Xunta aposta así por unha educación en materia de consumo transversal mediante un lecer alternativo, co fin de acadar unha sociedade formada por persoas consumidoras conscientes, solidarias e responsables, comprometidas coa súa contorna, coñecedoras dos seus dereitos e activas para defendelos.
Detalles contido
A Xunta concienciará as novas xeracións de máis de 60 concellos galegos sobre o consumo responsable e sustentable coa campaña ‘Veráns de Lecer Consumo’ A Xunta aposta así por unha educación en materia de consumo transversal mediante un lecer alternativo, co fin de acadar unha sociedade formada por persoas consumidoras conscientes, solidarias e responsables, comprometidas coa súa contorna, coñecedoras dos seus dereitos e activas para defendelos.
03/07/2026|Xunta de Galicia

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado pola xerente do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), Sol Vázquez, visitou hoxe —no CEIP Plurilingüe Xoán de Requeixo de Chantada— a rapazada participante nunha das accións da campaña autonómica Veráns de Lecer Consumo, composta por diversas actividades lúdicas relacionadas co consumo responsable, cos dereitos das persoas consumidoras e usuarias, coa publicidade ou co consumo na rede. Nunha visita na que tamén estivo o alcalde de Chantada, Manuel Varela, o director xeral destacou que se trata dun programa de carácter gratuíto que está a disposición de todos os concellos de Galicia e, de feito, xa teñen amosado interese nel máis de 60 municipios co gallo de beneficiar máis de 40.000 persoas.

A Xunta aposta así por unha educación en materia de consumo transversal mediante un lecer alternativo, co fin de acadar unha sociedade formada por persoas consumidoras conscientes, solidarias e responsables, comprometidas coa súa contorna, coñecedoras dos seus dereitos e activas para defendelos. Cabe engadir que a Escola Galega do Consumo, dependente do IGCC, chegou no primeiro semestre deste ano a unhas de 16.300 persoas mediante os seus programas educativos sobre consumo responsable, a atención a persoas vulnerables e maiores ou a formación para profesionais no eido do consumo, a maiores dos Venres de Consumo que están abertos a toda a cidadanía.

Temas:Administración pública, Ensino e formación, Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido