Ficha biblioteca

Nova A Xunta colabora con 183 concellos para mellorar a oferta das súas bibliotecas e axencias de lectura
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación03/07/2026 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Cultura, ocio e deporte, Bibliotecas Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia, Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición O Diario Oficial de Galicia publica a resolución dunha convocatoria que conta cunha achega de 424.000€
Detalles contido
A Xunta colabora con 183 concellos para mellorar a oferta das súas bibliotecas e axencias de lectura O Diario Oficial de Galicia publica a resolución dunha convocatoria que conta cunha achega de 424.000€
03/07/2026|Xunta de Galicia
  • O Diario Oficial de Galicia publica a resolución dunha convocatoria que conta cunha achega de 424.000€
  • Están dirixidas á adquisición de novidades editoriais en galego e á actualización das coleccións bibliográficas
  • A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude responde así ao seu compromiso coa modernización deste servizo á cidadanía
 

A Xunta de Galicia colabora con 183 concellos para mellorar a oferta das súas bibliotecas e axencias de lectura a través da adquisición de novidades editoriais en galego e a actualización das súas coleccións bibliográficas. Trátase dunha iniciativa dotada con 424.000€ e cuxa resolución acaba de publicarse no Diario Oficial de Galicia.

Así, tal e como se recolle na resolución, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude achegará 138.000€ para equipar estes espazos con novidades editoriais en formato físico, fomentando a edición de libros publicados en galego, así como a promoción da lectura. Deste xeito, cada concello poderá seleccionar os títulos incluídos na plataforma electrónica NEDITO, na que incorporan as súas novidades todas as editoriais que publican en galego, que tamén serán as encargadas da distribución directa de cada libro solicitado desde a editora a cada entidade.

Por outra banda, a liña de axudas céntrase na mellora das coleccións bibliográficas, para o que se designan 286.000€ este ano. O obxectivo, neste senso, é que se actualicen estas publicacións, de xeito se poidan mercar monografías (tanto libro infantil como libro dirixido ás persoas adultas), material sonoro (CD e vinilo), videogravacións (DVD, Blu-Ray), recursos electrónicos (CD-ROM, DVD-ROM ou calquera outro formato para videoxogos), partituras e material cartográfico (mapas e planos). Estes materiais deberán estar dirixidos ao mantemento ou á renovación da colección e terán por obxectivo o préstamo a domicilio ou a consulta dentro das instalacións da propia biblioteca.

Con este tipo de iniciativas, o Goberno galego responde ao seu compromiso con ofrecer á cidadanía o mellor servizo posible nos equipamentos públicos tanto no que ten que ver coas infraestruturas como co contido, de maneira que as bibliotecas e axencias de lectura municipais poidan afrontar a súa actividade diaria e as súas propostas de dinamización cultural nas mellores condicións.

 

Temas:Administración pública, Administración local, Cultura, ocio e deporte, Bibliotecas
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia, Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido