Ficha biblioteca

Nova Rueda anuncia a aprobación do proxecto da Lei galega de medidas integrais contra o acoso e a violencia dixital
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación07/07/2026 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración dixital, Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais Tipo de contidoNovas, Normativa ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais, Empresas, Estudantes OrganizaciónsXunta de Galicia, Traballo e Benestar Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición Resalta que “será a primeira norma en España” específica nesta materia e ten como obxectivo dar resposta ás novas formas de violencia que teñen a súa orixe nas tecnoloxías da información e da comunicación, como internet ou as redes sociais
Detalles contido
Rueda anuncia a aprobación do proxecto da Lei galega de medidas integrais contra o acoso e a violencia dixital Resalta que “será a primeira norma en España” específica nesta materia e ten como obxectivo dar resposta ás novas formas de violencia que teñen a súa orixe nas tecnoloxías da información e da comunicación, como internet ou as redes sociais
07/07/2026|Xunta de Galicia
  • A conselleira de Política Social e Igualdade sinala que o texto lexislativo remitirase agora ao Parlamento autonómico co obxectivo de que “estea aprobado este ano”
  • Entre outras accións, a lei prevé a aprobación dun Plan integral contra o acoso escolar e o ciberacoso ou a creación dun servizo gratuíto de borrado da pegada dixital

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Consello vén de aprobar o proxecto da Lei de medidas integrais contra o acoso e a violencia dixital de Galicia, “a primeira de toda España neste eido”. O obxectivo é afrontar as novas formas de violencia xurdidas da expansión do usos das novas tecnoloxías da información e da comunicación, como internet ou as redes sociais. “Un dos perigos é unha nova cara da violencia de xénero: a violencia dixital”, indicou.

A Xunta iniciou o pasado mes de setembro a tramitación deste proxecto abríndoo a  consulta pública para que as entidades e a cidadanía interesada presentasen as súas achegas. Unha vez rematada esta fase de consulta e tras analizar as suxestións recibidas, o Consello deu luz verde ao proxecto, que agora se remite ao Parlamento de Galicia para comezar a súa tramitación cando comece o novo período de sesións. “A previsión é que a lei estea aprobada este mesmo ano 2026 para dar resposta a unha forma de violencia de xénero, a violencia dixital, cada vez mais habitual”, indicou a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García.

Nesta liña, lembrou que se admitiron varias alegacións presentadas por nove entidades “para reforzar a protección das vítimas con discapacidade e as persoas trans” así como adaptar cuestións técnicas da normativa.

O proxecto está composto de catro títulos, 26 artigos, dúas disposicións adicionais e outras dúas derradeiras. En canto aos obxectivos que persegue son, fundamentalmente, catro: establecer os principios reitores de actuación no ámbito da comunidade autónoma en materia de acoso e violencia dixital; regular medidas de sensibilización, prevención e detección; promover a formación de persoal da Xunta, do sector público e das forzas e corpos de seguridade do Estado; e, por último, establecer medidas de protección e apoio ás vítimas.

Medidas

Neste sentido, as principais medidas que prevé este marco xurídico son, no eido educativo: a inclusión obrigatoria de contidos formativos en competencia dixital nos currículos de todas as etapas educativas non universitarias e a aprobación dun Plan integral contra o acoso escolar e o ciberacoso.

A lei tamén recolle a necesidade de promover acordos con persoas e empresas que ofrecen servizos a través de internet (plataformas e redes sociais) con dúas finalidades: elaborar e aplicar medidas de sensibilización e de prevención; así como establecer criterios e mecanismos áxiles e urxentes de denuncia e retirada de contidos relacionados co acoso e a violencia dixital.

Outra medida que fixa a norma, tal e como explicou a conselleira, é a posta en funcionamento “dun servizo gratuíto de borrado da pegada dixital” para suprimir material dixital que continúe accesible en rede e que se empregou como instrumento de acoso ou violencia. A eliminación deste material requirirá de resolución xudicial expresa.

Ademais, a normativa fixa a creación dun servizo gratuíto de asesoramento no que as vítimas recibirán apoio técnico e información para previr novos ataques ou supostos de violencia dixital. Nesta mesma liña, articularanse medidas para facilitar o acceso das vítimas á información, orientación e apoio xurídico; e elaborarase unha guía informativa sobre dereitos das vítimas, que incluirá pautas básicas de seguridade informática e recomendacións para salvagardar evidencias dixitais que poidan ser constitutivas de delito.

Combater a violencia e apoiar as vítimas

Esta nova lei reafirma o compromiso da Xunta na loita contra todas as formas de malos tratos ás mulleres, así como coa súa protección e apoio. O presidente lembrou que Galicia é un referente neste eido ao ser “a primeira comunidade en ter unha lei específica nesta materia, que actualizamos para incluír novos tipos de violencia como a sexual ou a vicaria”.

Ademais, a comunidade tamén foi pioneira en ofrecer unha prestación económica anual para todas as vítimas e conta cunha extensa rede de casas de acollida, que ampliará cun novo centro en Santiago de Compostela especializado para mulleres vítimas con problemas de adiccións.

Así mesmo, a estes programas e servizos engádese unha extensa rede de Centros de Información á Muller (CIM), con 84 recursos que dan cobertura a máis de 200 concellos e que vén de ser reforzada coa posta en marcha de catro unidades móbiles para achegar estes servizos a municipios rurais e aos campus universitarios.

 

 

Temas:Administración dixital, Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais, Empresas, Estudantes
Organizacións:Xunta de Galicia, Traballo e Benestar
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido