Ficha biblioteca

Nova A Rede Galega de Teatros e Auditorios chega ao seu 30º aniversario con 223 novas funcións e concertos en 39 concellos
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación13/07/2026 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración local, Artes escénicas, Espectáculos Tipo de contidoNovas ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia, Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición A Xunta coordina e cofinancia desde 1996 este circuíto autonómico de espectáculos xunto ás entidades locais participantes
Detalles contido
A Rede Galega de Teatros e Auditorios chega ao seu 30º aniversario con 223 novas funcións e concertos en 39 concellos A Xunta coordina e cofinancia desde 1996 este circuíto autonómico de espectáculos xunto ás entidades locais participantes
13/07/2026|Xunta de Galicia
  • A segunda carteleira semestral de 2026 ofrece propostas de teatro, danza, música, circo e maxia a cargo de 109 compañías e grupos en escenarios das catro provincias
  • Acollerá ata decembro as estreas absolutas de producións galegas, tales como as últimas propostas de Sarabela, Contraproducións, La Guajira, Producións Teatrais Excéntricas, Teatro do Noroeste ou ButacaXero, apoiadas pola Xunta a través da convocatoria de axudas á creación escénica
  • O recentemente inaugurado Auditorio Municipal de Marín incorpórase á Rede coa programación de tres espectáculos

 

A Rede Galega de Teatros e Auditorios desenvolverá a partir de mañá e ata decembro unha nova programación con 223 funcións escénicas e concertos en 39 concellos das catro provincias. Coa carteleira preparada para o segundo semestre de 2026 chégase ao 30º aniversario deste circuíto autonómico, fundado en 1996 e cofinanciado pola Xunta e as entidades locais asociadas para favorecer unha oferta estable de espectáculos maioritariamente producidos en Galicia desde os principais escenarios galegos.

A programación, que se inicia mañá venres 11, ás 20,30 horas coa montaxe Coralinda a cargo de Elefante Elegante na Sala Bahía de Foz, reúne ata finais de ano as propostas de 109 compañía e grupos de teatro, danza, música, circo e maxia. O teatro volve concentrar a maior parte da actividade, con 180 funcións, seguido da danza, con 16; a música, con 14; o circo, con oito; e a maxia, con cinco.

A oferta, que durante o período de verán forma parte da campaña da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude Para gustos, cultura, combina espectáculos para público adulto e familiar, novas producións galegas, propostas de repertorio e creacións contemporáneas nun calendario coordinado de actividade que se intensifica especialmente a partir do mes de setembro.

As próximas actuacións para o mes de xullo son con Pistacatro Produtora de Soños e a peza de novo circo Sen Patrón o día 21 e con Caramuxo Teatro e a súa proposta para público familiar Os Senteito o día 27, as dúas tamén en Foz, así como o concerto Natureza e Cultura do dúo POI, formado polos músicos Tonhito de Poi e Merqui, o día 31 no Auditorio Lois Tobío de Gondomar.  

Destaca este semestre a incorporación do Concello de Marín á Rede Galega de Teatros e Auditorios, dentro da que o seu recentemente inaugurado Auditorio Municipal acollerá tres funcións: Sen patrón, de Pistacatro Produtora de Soños; O que non se ve, de Et Suseia Danza; e BenQuerer, de Fran Sieira Compañía de Danza.

Estreas galegas e coproducións públicas

A Rede Galega de Teatros e Auditorios volverá funcionar como plataforma preferente para as primeiras representacións diante do público de novas producións galegas apoiadas pola Xunta a través da convocatoria de axudas á creación escénica, unha das principais liñas da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para o sector.

Así, nos vindeiros meses, acollerá a estrea de títulos como O sangue das promesas: Incendios, de Sarabela Teatro, o 18 de setembro no Teatro Principal de Ourense; Crónica do rei pasmado, de Contraproducións, o 26 de setembro no Teatro Jofre de Ferrol; Ngoma, de La Guajira, o 19 de setembro no Teatro Rosalía Castro da Coruña; Curie, ou a simetría dos fenómenos físicos, de Empatía Teatro, o 6 de novembro no Pazo da Cultura de Narón; e Vento mareiro non dá voltas, de Teatro do Noroeste, o 27 de novembro na Casa da Cultura do Milladoiro, en Ames.

A carteleira incorpora tamén as primeiras funcións no circuíto doutros espectáculos de nova produción beneficiarios desta mesma convocatoria, como A velada de Londres, de ButacaZero, que poderá verse o 5 de setembro no Teatro Rosalía Castro da Coruña, ademais de en Muros, Vigo, Foz e Noia; ou A arte da guerra, de Producións Teatrais Excéntricas, con funcións o 23 de outubro en Carballo, o 5 de novembro en Monforte de Lemos e o 5 de decembro en Betanzos.

A programación deste semestre inclúe varias coproducións recentes do Centro Dramático Galego que continúan a súa circulación polos escenarios galegos. Son os casos de A fortaleza, creación de Raquel S. e a compañía A Feroz coproducida co Festival Internacional de Teatro de Expressão Ibérica do Porto; A furia da amanita, de Redrum Teatro, con dramaturxia de Santiago Cortegoso e dirección de Guillermo Carbajo e Alex Sampayo; e Black Box. Unha saga épica, de Hugo Torres, coproducida pola compañía pública galega xunto ás estruturas portuguesas do Festival FITEI do Porto e Trigo Limpo Teatro ACERT.

Programación nas catro provincias

A Coruña será a provincia con maior número de funcións, cun total de 95 actuacións en 17 concellos. En Pontevedra programaranse 57 en 12 localidades; en Lugo, 50 en seis municipios; e en Ourense, 21 en catro concellos. Deste xeito, a Rede Galega de Teatros e Auditorios reforza a súa función como principal plataforma pública de circulación da produción escénica profesional en Galicia.

Ademais de Marín, na provincia de Pontevedra, a programación chegará tamén á Estrada, Cambados, Cangas de Morrazo, Gondomar, O Grove, Ponteareas, Pontevedra, Tomiño, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa, con títulos como Artur Ui, o ovo da serpeTelma e LolaBio construciónA velada de LondresA furia da amanita ou Ictus. Anatomía de ‘A derradeira leición’ de Castelao.

Na Coruña desenvolveranse 95 actuacións en 17 concellos, con propostas como NgomaA fortalezaNinguén tira fotos nos enterrosA metamorfoseCurie, ou a simetría dos fenómenos físicos ou Vacanal sinfónica, ademais de diferentes funcións familiares. En Lugo, a Rede suma 50 funcións en Burela, Foz, Lugo, Monforte de Lemos, Ribadeo e Viveiro, con espectáculos como Bio ConstruciónReconversiónA velada de LondresO sangue das promesas: IncendiosAlén ou Black Box. Unha saga épica.

Pola súa banda, Ourense contará con 21 funcións na Rúa, O Barco de Valdeorras, O Carballiño e Ourense, con propostas como Neura, unha comedia neurótico-festiva, de De Ste Xeito Producións; Un deus salvaxe, de Talía Teatro; A historia vaxenial, de Artyc Content; Vitória, de Iria Pinheiro; O sangue das promesas: Incendios, de Sarabela Teatro; Memorias dun neno labrego, de Contraproducións; ou O libro da selva. O musical, de ártika Cía.

Ademais dos concellos citados, tamén son socios da Rede Galega de Teatros e Auditorios Santiago de Compostela, Sada e Redondela, que xa desenvolveron toda a súa programación no marco deste circuíto durante o primeiro semestre de 2026.

Temas:Administración local, Artes escénicas, Espectáculos
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia, Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido