Ficha biblioteca

Nova A Xunta reforza a rede de casas do maior con dez novos recursos para os concellos rurais
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación28/07/2026 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración local, Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica as bases desta convocatoria na que o Goberno galego inviste medio millón de euros
Detalles contido
A Xunta reforza a rede de casas do maior con dez novos recursos para os concellos rurais O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica as bases desta convocatoria na que o Goberno galego inviste medio millón de euros
28/07/2026|Xunta de Galicia
  • O obxectivo é que o próximo ano haxa 158 recursos destas características, o que suporía 800 prazas de atención diúrna destas características
 

Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as bases da nova convocatoria para a creación de dez 10 novas casas do maior en Galicia co obxectivo de reforzar a rede de proximidade e dotar de servizos ás zonas rurais. As persoas interesadas terán ata o vindeiro 28 de agosto para solicitar a creación dun destes recursos.

O Goberno galego destina máis de medio millóns de euros a esta nova orde de axudas para os concellos do rural, co obxectivo de ampliar a rede de casas do maior ata os 158 recursos o próximo ano.  Deste xeito, serían 800 prazas totalmente de balde de atención diúrna en toda Galicia.

As casas do maior contan cun máximo de cinco prazas cada unha e son recursos esenciais non só para o coidado dos maiores, senón tamén para afrontar o reto demográfico,; xa que a súa creación dota o rural de recursos de atención que favorecen a conciliación das familias, ao tempo que xeran postos de traballo.

Ademais, esta convocatoria mantén ao igual que as anteriores o complemento semanal adicional para aqueles casos nos que as persoas promotoras estean de baixa laboral. Así como o abono de 10 euros por persoa e día a aquelas casas do maior que asuman o desprazamento dos usuarios.

Temas:Administración local, Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido