Ficha biblioteca

Nova A Deputación distribúe esta semana preto de 30.000 gafas entre os concellos para observar a eclipse solar do 12 de agosto
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación29/07/2026 FonteDeputación de Pontevedra
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Medio ambiente, Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais Tipo de contidoNovas ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsDeputación de Pontevedra Ámbitos xeográficosPontevedra
Imaxe do contido
Descrición Xunto coas gafas tamén se repartirán mapas coa rede provincial de puntos singulares con boa visibilidade de observación da eclipse e unha guía para gozar do fenómeno con seguridade
Detalles contido
A Deputación distribúe esta semana preto de 30.000 gafas entre os concellos para observar a eclipse solar do 12 de agosto Xunto coas gafas tamén se repartirán mapas coa rede provincial de puntos singulares con boa visibilidade de observación da eclipse e unha guía para gozar do fenómeno con seguridade
29/07/2026|Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra distribúe esta semana preto de 30.000 gafas “Baixo o Ceo das Rías Baixas” entre os concellos para observar a eclipse solar do 12 de agosto. Trátanse de gafas fabricadas en España que cumpren coa norma ISO 12312-2 para a observación solar directa. Ademais das gafas, a institución provincial tamén repartirá mapas coa rede provincial de puntos singulares con boa visibilidade de observación da eclipse e unha guía para gozar do fenómeno con seguridade.

Tanto as gafas como o mapa e a guía serán distribuídas entre os 42 concellos que forman parte da rede provincial de puntos de observación: A Estrada, A Caniza, A Guarda, Arbo, As Neves, Baiona, Barro, Bueu, Cambados, Cangas de Morrazo, Catoira, Cerdedo Cotobade, Covelo, Forcarei, Gondomar, A Illa de Arousa, Lalín, Marín, Meis, Mondariz, Mos, Nigrán, O Grove, O Porriño, Oia, Pazos de Bobén, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Ribadumia, Rodeiro, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vilaboa, Vila de Cruces e Vilanova de Arousa.

En liñas xerais distribuiranse entre 100 e 1.500 gafas por concello, en función das necesidades, ademais de 200 guías (100 en galego e outros 100 en castelán) e 200 mapas (100 en galego e outros 100 en castelán) por cada localidade integrada na rede provincial de puntos de observación. Os materiais estarán tamén ao longo desta semana a disposición das persoas interesadas na oficina do Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas.

A Deputación impulsou o pasado ano “Baixo o Ceo das Rías Baixas”, unha iniciativa coa que a institución provincial aspira a transformar a eclipse solar total do 12 de agosto nunha experiencia turística organizada e de calidade na provincia. “Baixo o Ceo das Rías Baixas” contempla unha rede de 42 puntos de observación en conexión coa paisaxe e coa identidade do territorio, desde os que se poderá gozar da eclipse, desde os momentos previos ao ocultamento ata a aparición da coroa solar durante a fase de totalidade.

Ademais, no marco desta iniciativa provincial organizáronse xornadas de divulgación do astroturismo dirixidas tanto a empresas do sector turístico, capacitándoas para organizar actividades seguras e divulgativas, como ao persoal técnico de turismo dos concellos da provincia, afondando na importancia das certificacións Starlight, na loita contra a contaminación luminosa e no fomento do turismo astronómico.

Máis alá da eclipse, a Deputación de Pontevedra quere consolidar unha oferta estable vinculada ao astroturismo. Neste sentido, estase a traballar para que enclaves patrimoniais como o Castelo de Soutomaior e o Castelo de Sobroso obteñan a certificación Starlight, un recoñecemento á calidade do ceo nocturno e ao compromiso coa súa protección. Esta certificación suporá unha oportunidade para reforzar o valor destes espazos, impulsando novas iniciativas relacionadas coa observación astronómica e promovendo un modelo de turismo sostible ligado ao patrimonio natural e cultural da provincia.

Temas:Administración pública, Administración local, Medio ambiente, Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Deputación de Pontevedra
Ámbitos xeográficos:Pontevedra
Valorar:
Compartir contido