Ficha biblioteca

Evento Curso de Linguaxe administrativa galega. Nivel medio
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación30/07/2026 FonteDeputación da Coruña
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Ensino e formación Tipo de contidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locais, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsDeputación de A Coruña Ámbitos xeográficosA Coruña
Descrición Este curso ten entre os seus obxectivos ofrecer formación específica de lingua galega ao persoal das entidades locais. Isto implica unha formación en aspectos gramaticais e léxicos específicos e en aspectos de redacción e estilo a partir do traballo cos documentos administrativos propios do nivel medio, conforme co establecido na Orde do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega, publicada no DOG núm. 121 do 24 de xuño de 2011
Detalles contido
LugarEn liña exame presencial en Santiago de Compostela OrganizadorDeputación da Coruña Datas
DíaHora inicioHora fin
01/09/2026 9:00 20:00
01/11/2026 9:00 20:00
Evento

Curso de Linguaxe administrativa galega. Nivel medio

 

CD
Título
Edición
Horas
Prazas
Sede
Datas
26.045 Linguaxe administrativa galega. Nivel medio 1 75h 25

En liña + exame presencial en Santiago de Compostela.

Do 1 de setembro ao 1 de novembro. As datas dos exames presenciais están pendentes de fixar.

 

Sede/Modalidade:

En liña + exame presencial en Santiago de Compostela.

Destinatarios/as:

Persoal das entidades locais que aprobara ou teña validados algún destes cursos: Celga 4, cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega ou curso básico de linguaxe administrativa galega.

Contidos:

1. Módulo de lingua oral.
2. Módulo de gramática.
3. Módulo de léxico.
4. Módulo de redacción e estilo.
5. Módulo de documentación.
6. Módulo de sociolingüística e contorna sociocultural.

Requerimientos:

Advertencia: Será obrigatoria a presentación da documentación acreditativa de dispoñer do nivel determinado e acreditado de coñecemento de lingua galega desta acción formativas, por parte da persoa solicitante.

Dita presentación obrigatoria de documentación adicional, deberá de realizarse mediante a utilización do trámite de presentación de documentación adicional, accedendo a solapa denominada "Doc.Adicional / Emendas" da respectiva solicitude individual, xa presentada con carácter previo pola persoal interesada, dentro do módulo de Plan de Formación / Solicitudes da plataforma de tramitación electrónica SUBTeL.

A persoa que NON aporte e presenta esta documentación obrigatoria, do xeito e na forma indicada, NON será admitida nin seleccionada nesta accións formativa.

Información adicional:

O curso desenvolverase integramente a través dunha plataforma de teleformación. Unha vez finalizado o traballo na aula virtual o alumnado con dereito a exame realizará as probas finais (oral e escrita) no lugar e a data fixadas.

A avaliación do curso realizarase a partir das cualificacións conseguidas:

A) Nos traballos na plataforma
B) No exame final (proba oral e escrita) que terá carácter presencial

Para superar o curso é imprescindible aprobar as dúas partes.

Para ter dereito a participar no exame final, será requisito imprescindible realizar todas as prácticas e tarefas propostas na plataforma. Unha vez finalizado e avaliado o traballo na plataforma, publicarase unha listaxe coas persoas que terán dereito ao exame final.

 

Temas:Administración pública, Administración local, Ensino e formación
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Deputación de A Coruña
Ámbitos xeográficos:A Coruña
Valorar:
Compartir contido