Ficha biblioteca

Evento Curso de Linguaxe administrativa galega. Nivel Superior
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación30/07/2026 FonteDeputación da Coruña
Taxonomía
TemasAdministración local, Ensino e formación Tipo de contidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locais, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsDeputación de A Coruña Ámbitos xeográficosA Coruña
Descrición Este curso vai dirixido ao Persoal das entidades locais que aprobara o curso medio de linguaxe administrativa galega, o curso medio de linguaxe xurídica galega ou calquera dos cursos equivalentes a estes que se establecen no punto 2º do artigo 5 da Orde do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega.
Detalles contido
LugarEn liña exame presencial en Santiago de Compostela. OrganizadorDeputación da Coruña Datas
DíaHora inicioHora fin
01/09/2026 9:00 20:00
01/11/2026 9:00 20:00
Evento

Curso de Linguaxe administrativa galega. Nivel superior

 

CD
Título
Edición
Horas
Prazas
Sede
Datas
26.046 Linguaxe administrativa galega. Nivel superior 1 75h 25

En liña + exame presencial en Santiago de Compostela.

Do 1 de setembro ao 1 de novembro. As datas dos exames presenciais están pendentes de fixar.

Sede/Modalidade:

En liña + exame presencial en Santiago de Compostela.

Obxectivos:

Ofrecer formación específica de lingua galega ao persoal das entidades locais. Isto implica unha formación en aspectos gramaticais e léxicos específicos e en aspectos de redacción e estilo a partir do traballo cos documentos administrativos propios do nivel superior, consonte co establecido na Orde do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega, publicada no DOG núm. 121 do 24 de xuño de 2011.

Destinatarios/as:

Persoal das entidades locais que aprobara o curso medio de linguaxe administrativa galega, o curso medio de linguaxe xurídica galega ou calquera dos cursos equivalentes a estes que se establecen no punto 2º do artigo 5 da Orde do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega.

Contidos:

1. Módulo de lingua oral.
2. Módulo de gramática.
3. Módulo de léxico.
4. Módulo de redacción e estilo.
5. Módulo de documentación.
6. Módulo de contorno sociolingüístico e sociocultural.

Horarios:

Do 1 de setembro ao 1 de novembro. O exame presencial en Santiago realizarase nunha data aínda sen fixar.

Requerimientos:

Advertencia: Será obrigatoria a presentación da documentación acreditativa de dispoñer do nivel determinado e acreditado de coñecemento de lingua galega desta acción formativas, por parte da persoa solicitante.

Dita presentación obrigatoria de documentación adicional, deberá de realizarse mediante a utilización do trámite de presentación de documentación adicional, accedendo a solapa denominada "Doc.Adicional / Emendas" da respectiva solicitude individual, xa presentada con carácter previo pola persoal interesada, dentro do módulo de Plan de Formación / Solicitudes da plataforma de tramitación electrónica SUBTeL.

A persoa que NON aporte e presenta esta documentación obrigatoria, do xeito e na forma indicada, NON será admitida nin seleccionada nesta accións formativa.

Información adicional:

O curso desenvolverase integramente a través dunha plataforma de teleformación. Unha vez finalizado o traballo na aula virtual o alumnado con dereito a exame realizará as probas finais (oral e escrita) no lugar e a data fixadas.

A avaliación do curso realizarase a partir das cualificacións conseguidas:
A) nos traballos na plataforma
B) no exame final (proba oral e escrita) que terá carácter presencial
Para superar o curso é imprescindible aprobar as dúas partes.

Para ter dereito a participar no exame final, será requisito imprescindible realizar todas as prácticas e tarefas propostas na plataforma. Unha vez finalizado e avaliado o traballo na plataforma, publicarase unha listaxe coas persoas que terán acceso ao exame final.

 

Temas:Administración local, Ensino e formación
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Deputación de A Coruña
Ámbitos xeográficos:A Coruña
Valorar:
Compartir contido