Ficha biblioteca

Nova A Deputación de Lugo convoca 13 cursos de formación continua para o persoal da administración local
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación31/07/2026 FonteBop de Lugo
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Ensino e formación Tipo de contidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locais, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsDeputación de Lugo Ámbitos xeográficosLugo
Descrición O Plan Agrupado de Formación Continua para o ano 2026 inclúe accións formativas presenciais, en liña e por telepresenza.
Detalles contido
A Deputación de Lugo convoca 13 cursos de formación continua para o persoal da administración local O Plan Agrupado de Formación Continua para o ano 2026 inclúe accións formativas presenciais, en liña e por telepresenza.
31/07/2026|Bop de Lugo
  • O Plan Agrupado de Formación Continua para o ano 2026 inclúe accións formativas presenciais, en liña e por telepresenza.
  • O prazo para a presentación de solicitudes telemáticas a través da sede electrónica rematará o vindeiro 3 de setembro.

 

A Deputación de Lugo, a través da área de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, publicou hoxe no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a convocatoria do seu Plan Agrupado de Formación Continua para o ano 2026.
Esta iniciativa recolle a execución de 13 accións formativas específicas destinadas aos empregados públicos das entidades locais da provincia de Lugo. 
O catálogo formativo inclúe cursos técnicos e transversais como contratación pública, protección de datos, xestión orzamentaria, competencias dixitais avanzadas, técnicas de escritura en lingua galega, xestión de dereitos de autoría audiovisuais e iniciación aos SIG con software libre (QGIS). Así mesmo, incorpórase un curso integral presencial sobre operatividade policial para os corpos de seguridade local. 

 

Requisitos e criterios de selección
 
Os destinatarios principais son o persoal da administración local da provincia de Lugo que cumpra cos requisitos específicos de cada curso. A normativa da convocatoria establece que se outorgará preferencia na selección a aquelas persoas que se incorporaran ao servizo activo no prazo dun ano tras un permiso de maternidade, paternidade ou excedencia por garda legal e coidado de familiares. Ademais, regularase o acceso e as adaptacións precisas para as persoas con discapacidade que o soliciten.

 Os alumnos poderán solicitar un máximo de dúas accións formativas. Dependendo do volume de solicitudes e dos criterios técnicos, poderá concederse unha, as dúas ou ningunha das opcións escollidas. Para obter as certificacións de asistencia ou aproveitamento, será de obrigado cumprimento a asistencia ás sesións presenciais ou o seguimento das plataformas virtuais, cun límite máximo de inasistencia do 15% nas clases programadas. 

Prazos de inscrición
 
O prazo para a presentación de instancias rematará o vindeiro 3 de setembro de 2026. Todas as solicitudes deben tramitarse obrigatoriamente de xeito telemático a través da sede electrónica da Deputación de Lugo, accedendo ao apartado de "Trámites máis destacados - Solicitude cursos formación". 
Para aquelas accións formativas que non cubran as súas prazas orixinais, o período de inscrición manterase aberto de forma extraordinaria ata completalas, pechándose definitivamente cinco días hábiles antes do inicio de cada curso.
 
 
 
 
 
 
Temas:Administración pública, Administración local, Ensino e formación
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Deputación de Lugo
Ámbitos xeográficos:Lugo
Valorar:
Compartir contido