Ficha biblioteca

Nova Aberto o prazo para participar no proceso selectivo para os corpos de policía local en 40 concellos galegos
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación05/08/2026 FonteBOE
Taxonomía
TemasAdministración local, Emprego Tipo de contidoNovas, Concurso/oposición ColectivosEntidades locais, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsXunta de Galicia Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición O prazo estará aberto dende o 6 de agosto de 2026 e durante 20 días hábiles a través da sede electrónica do Goberno galego.
Detalles contido
Aberto o prazo para participar no proceso selectivo para os corpos de policía local en 40 concellos galegos O prazo estará aberto dende o 6 de agosto de 2026 e durante 20 días hábiles a través da sede electrónica do Goberno galego.
05/08/2026|BOE

A Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) publicou no Boletín Oficial do Estado (BOE) a convocatoria do proceso selectivo para o acceso aos Corpos de Policía Local de Galicia, na Escala Básica, categoría de Policía, tanto por oposición libre como mediante o sistema de mobilidade.

A convocatoria, recollida na Resolución do 31 de xullo de 2026, ofrece un total de 105 prazas de acceso libre e 28 prazas por mobilidade distribuídas entre distintos concellos galegos. Entre os municipios con maior número de vacantes destacan Lugo e Pontevedra, con 12 prazas cada un, así como Vigo con 11, A Coruña con 8, Ferrol e Santiago de Compostela con 7, entre outros.

As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude durante un prazo de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE, é dicir, desde o 6 de agosto de 2026

O proceso está regulado pola Orde do 21 de xullo de 2026, publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG), que establece as bases xerais para o acceso por oposición libre (procedemento PR461B) e para a provisión de postos mediante mobilidade (procedemento PR461D). 

Desde a AGASP lembran que todos os anuncios e comunicacións posteriores relacionados coa convocatoria se publicarán conforme ás bases reguladoras do proceso selectivo.

As persoas aspirantes poden consultar a resolución completa no BOE a través da seguinte ligazón: Resolución da convocatoria da Policía Local de Galicia.

Temas:Administración local, Emprego
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Xunta de Galicia
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido