Ficha biblioteca

Nova A Xunta abre unha liña de préstamos sen xuros de 20,3 millóns para axudar os concellos a cofinanciar os seus plans Feder
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación04/09/2026 FonteDOG
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosEntidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición A Consellería de Facenda e Administración Pública publica a orde que garante a liquidez municipal para executar proxectos de desenvolvemento urbano sustentable do período 2021-2027
Detalles contido
A Xunta abre unha liña de préstamos sen xuros de 20,3 millóns para axudar os concellos a cofinanciar os seus plans Feder A Consellería de Facenda e Administración Pública publica a orde que garante a liquidez municipal para executar proxectos de desenvolvemento urbano sustentable do período 2021-2027
04/09/2026|DOG

* O programa (código FA501A) vai dirixido en primeira instancia a municipios de menos de 20.000 habitantes e tramitarase por estrito orde de entrada ata esgotar o crédito

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Orde do 1 de setembro de 2026 da Consellería de Facenda e Administración Pública pola que se regulan e convocan os préstamos sen xuros a favor dos concellos de Galicia. Esta nova ferramenta de colaboración interadministrativa conta cun orzamento global de 20.370.709,33 euros distribuídos en cinco anualidades ata o ano 2030.
O obxectivo é axudar aos concellos de menor capacidade financeira na cofinanciación obrigatoria dos plans Feder 2021-2027.
 
Requisitos e prazos
 
Para optar aos créditos (código FA501A), xestionados pola Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro, os municipios deben ter menos de 20.000 habitantes, vincularse ao Feder segundo o órgano competente e cumprir a estabilidade orzamentaria.
O primeiro prazo de solicitudes é de 15 días hábiles para concellos de menos de 20.000 veciños, abrindo un segundo prazo extraordinario para os de entre 20.000 e 30.000 habitantes se sobra crédito.
 
Condicións financeiras
 
Concedense por orde de entrada cun 0% de xuro e devolución en tres anualidades (30 de novembro de 2031, 2032 e 2033) con garantía de retención no Fondo de Cooperación Local. O libramento faise en cinco tramos do 20%: o primeiro co convenio e os seguintes vencendo a medida que se certifique un progreso real do 20%, 40%, 60% e 80% das obras.
 
 
 
 
Temas:Administración pública, Administración local
Colectivos:Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido