Ficha biblioteca

Evento Curso de contratación pública de traballos de arquitectura
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación09/09/2026 FonteDOG
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Ensino e formación Tipo de contidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locais, Interventores/as, Secretarios/as, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsXunta de Galicia, Organizacións e Institucións Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición O Diario Oficial de Galicia publica a resolución desta acción formativa de 33 horas lectivas que se desenvolverá en Santiago de Compostela a partir do 23 de setembro
Detalles contido
LugarSantiago Escola Galega de Administración Pública OrganizadorEGAP Datas
DíaHora inicioHora fin
23/09/2026 10:00 14:00
23/09/2026 16:00 18:00
30/09/2026 10:00 14:00
30/09/2026 16:00 18:00
07/10/2026 10:00 14:00
07/10/2026 16:00 18:00
14/10/2026 10:00 14:00
14/10/2026 16:00 18:00
21/10/2026 16:00 18:00
21/10/2026 10:00 14:00
Evento

Curso de contratación pública de traballos de arquitectura.

Obxectivos

O curso ten como finalidade proporcionar ao alumnado os coñecementos necesarios para poder xestionar con solvencia todos os procesos relacionados coa contratación pública de obras de arquitectura.

Estrutura e contidos

O curso estrutúrase en varias xornadas en que se abordará o marco xurídico da contratación pública de obras de arquitectura, así como as distintas fases do proceso de contratación, desde a definición da estratexia, a elaboración dos pregos e os procedementos de licitación ata a execución, a finalización e a recepción das obras.

Analizaranse as principais cuestións prácticas, custos e problemáticas asociadas a cada fase, complementando os contidos coa presentación de casos de éxito e da ferramenta informática PAUTA, desenvolvida polo COAG para facilitar a convocatoria de concursos de arquitectura e a estimación dos custos de obra e proxecto.

 Persoas destinatarias

O curso está dirixido a:

  • – Arquitectos/as interesados/as en ampliar os seus coñecementos con formación especializada no ámbito da contratación pública de obras de arquitectura e en coñecer en profundidade todos os procedementos vinculados a este tipo de contratación, en aplicación do seu marco xurídico definido pola Lei de contratación pública, Lei 9/2022, do 14 de xuño, de calidade da arquitectura, e a Lei 2/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.
  • – Secretarios/as e interventores das administracións locais de Galicia.
  • – Persoal das distintas administracións públicas de Galicia: persoal funcionario de carreira, persoal interino dos grupos A e B e persoal laboral dos grupos I ou II, que posúan o título de grao, licenciatura ou máster, arquitecto, arquitecto técnico ou enxeñeiro.

Desenvolvemento

  • Lugar: Escola Galega de Administración Pública, rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela.
  • Datas: 23 e 30 de setembro; 7, 14 e 21 de outubro de 2026.
  • Horarios: de mañá e tarde; das 10.00 ás 14.30 horas e das 16.00 ás 18.00 horas.
  • Horas lectivas: trinta e tres (33).
  • Quinta. Número de prazas
  • Cincuenta (50).

Inscrición

As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición cubrindo o formulario que para ese efecto figurará na páxina web do COAG (https://www.coag.es), na sección do curso, acreditando a documentación requirida:

– Arquitectos/as, arquitectos/as técnicos/as ou enxeñeiros/as: título de grao, licenciatura ou máster.

– Persoal empregado público: certificación de funcións, cabeceira de nómina, toma de posesión, nomeamento.... e título de grao, licenciatura ou máster, arquitecto, arquitecto técnico ou enxeñeiro.

Non é necesario que acheguen documentación acreditativa:

– Arquitectos/as colexiados/as no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

– Secretarios e interventores das administracións locais colexiados en COSITAL.

O prazo para a inscrición estará aberto desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.59 horas do día 20 de setembro de 2026.

Temas:Administración pública, Administración local, Ensino e formación
Colectivos:Entidades locais, Interventores/as, Secretarios/as, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Xunta de Galicia, Organizacións e Institucións
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido