Educar en igualdade
| Título | Edición | Horas | Prazas | Sede | Datas |
| Educar en igualdade | 1 | 12h | 30 | Aula Formación Biblioteca Provincial, Rúa Riego de Auga, n.º 37, A Coruña | Días: 5, 14 e 19 Outubro de 16:00 a 20.30 horas (30 min de descanso) |
Sede/Modalidade:
Aula Formación Biblioteca Provincial, Rúa Riego de Auga, n.º 37, A Coruña
Obxectivos:
Promover a igualdade de xénero no ámbito educativo non formal mediante a sensibilización, formación e dotación de ferramentas prácticas ao persoal educativo que realiza tarefas de atención directa ás persoas menores e as súas familias. Coñecer os conceptos básicos vinculados á igualdade de xénero e identificar os principais estereotipos e roles. Reforzar o papel da coeducación e da figura educativa na construción dunha contorna igualitaria e inclusiva. Adquirir recursos didácticos e estratexias para unha intervención educativa non sexista e respectuosa coa diversidade. Sensibilizar sobre a importancia da educación afectivo-sexual e as súas diversidades. Capacitar ao persoal para identificar a violencia de xénero e os seus efectos así como para identificar e previr as condutas de abuso sexual.
Destinatarios/as:
Persoal de atención directa ás persoas menores dos centros de atención á infancia
Contidos:
1. Conceptualización, sensibilización e autopercepción da igualdade de xénero. Introducción a perspectiva de xénero. Da igualdade formal á igualdade real: marco lexislativo. O sistema sexo-xénero. O proceso de socialización de xénero. Axentes sociais. Estereotipos e roles de xénero. Usos do tempo. Reparto igualitario do tempo entre mulleres e homes. División sexual do traballo e xerarquización de xénero.
2. A coeducación e a figura educativa: A importancia da Coeducación e a figura educativa. Discriminacións directas/indirectas e micromachismos. Novas masculinidades. Coeducación emocional. A natureza do xogo; educativo, non sexista, inclusivo e diverso. Xogos e Xoguetes. A igualdade a través do conto. Recursos didácticos.
3. Igualdade de xénero, diversidade sexual e prevención das violencias: Transversalidade de xénero, comunicación inclusiva (linguaxe e publicidade non sexista). A importancia da educación afectivo-sexual. Orientación, expresión e identidades de xénero. Efectos dos contextos de violencia de xénero nos/as menores. Prevención das condutas de abuso sexual.
Horarios:
Días: 5, 14 e 19 Outubro de 16:00 a 20.30 horas (30 min de descanso)
Temas:Administración local, Ensino e formación
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Deputación de A Coruña
Ámbitos xeográficos:A Coruña