Ficha biblioteca

Evento Curso de Intervención psicoeducativa en persoas menores con TEA e TDAH
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación11/09/2026 FonteDeputación da Coruña
Taxonomía
TemasAdministración local, Ensino e formación Tipo de contidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locais, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsDeputación de A Coruña Ámbitos xeográficosA Coruña
Descrición Accións formativas / aos cursos de formación da 2ª convocatoria do Plan de Formación Agrupado 2026 que organiza a Deputación Provincial da Coruña e que van dirixidas / os ao persoal funcionario e laboral das entidades locais da provincia que asinaron a súa adhesión ao dito plan.
Detalles contido
LugarAula Formación fogar Infantil Emilio Romay FIER, Avda. Ferrocarril. n.º 43, A Coruña OrganizadorDeputación da Coruña Datas
DíaHora inicioHora fin
19/10/2026 9:30 14:00
20/10/2026 9:30 14:00
21/10/2026 9:30 14:00
Evento

Intervención psicoeducativa en persoas menores con TEA e TDAH

 

Título
Edición
Horas
Prazas
Sede
Datas
Intervención psicoeducativa en persoas menores con TEA e TDAH 1 12h 30

Aula Formación fogar Infantil Emilio Romay (FIER), Avda. Ferrocarril. n.º 43, A Coruña

Días: 19, 20 e 21 Outubro (FIER) de 9:30 a 14:00 horas (con descanso de 30 min)

 

Sede/Modalidade:

Aula Formación fogar Infantil Emilio Romay (FIER), Avda. Ferrocarril. n.º 43, A Coruña

Obxectivos:

Detección dos síntomas diagnósticos do TEA e do TDAH. Deseño de plans de intervención terapéutica e psicoeducativa integrais para menores diagnosticados de TEA e TDAH, aplicando estratexias específicas para cada caso en función das súas características particulares. Identificación das características clínicas específicas, as fortalezas e as barreiras de aprendizaxe dos menores con TEA e TDAH para fundamentar a toma de decisións clínicas e educativas. Aplicación de técnicas psicoeducativas para fomentar as súas habilidades sociais na aula e no fogar. Garantía da eficacia das adaptacións do entorno e das ferramentas de intervención implementadas, realizando os axustes necesarios para optimizar o desenvolvemento do menor.

Destinatarios/as:

Persoal destinado en unidades de atención social e igualdade

Contidos:

Módulo 1: Marco conceptual: TEA (Trastorno do Espectro Autista): criterios diagnósticos actuais, niveis de gravidade e síntomas clave. TDAH (Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade): subtipos (inatento, hiperactivo/impulsivo, combinado). Controversias profesionais sobre o diagnóstico. Bases psicolóxicas do diagnóstico.
Módulo 2: Detección de síntomas na aula e na vida cotiá: Impacto no desenvolvemento persoal e nas habilidades de socialización.
Módulo 3: Estratexias de intervención para o TEA: Relación cos obxectos, inclusión na linguaxe e no diálogo, dificultades de vínculo social, efectos na subxectivación corporal. A cuestión da medicación. Perspectivas sobre a vida adulta co TEA.
Módulo 4: Estratexias de intervención para o TDAH: Limitacións do diagnóstico descritivo. Bases psicolóxicas. A cuestión da medicación. Perspectivas sobre a vida adulta co TDAH.
Módulo 5: Coordinación e alianza terapéutica: Concepto clave: protocolos de comunicación eficaz entre a escola, a familia e os terapeutas. Plan de acción: deseño práctico dunha adaptación curricular ou dun plan de intervención individual. Avaliación final: resolución dun estudo de caso integral e conclusión do curso.

Horarios:

Días: 19, 20 e 21 Outubro (FIER) de 9:30 a 14:00 horas (con descanso de 30 min)

Temas:Administración local, Ensino e formación
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Deputación de A Coruña
Ámbitos xeográficos:A Coruña
Valorar:
Compartir contido