Coñecer o marco xurídico: Analizar a estrutura do sector público local e as normativas e principios da Instrución do Modelo Básico de Contabilidade Local e as súas modificacións. Dominar a xestión orzamentaria: Identificar e rexistrar as fases de execución do orzamento de gastos (autorización, compromiso, obrigación e pago) e do orzamento de ingresos. Rexistro de operacións: Aprender a contabilizar as operacións económico-financeiras máis habituais dos concellos e deputacións, como o inmobilizado, endebedamento e a xestión de tesourería. Elaboración de estados financeiros: Entender a estrutura e os documentos que integran as Contas Anuais e a Conta Xeral da Entidade Local. Cumprimento e control: Comprender os conceptos de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira que esixe a lexislación vigente.
Módulo 1: Marco Conceptual e Normativa da Contabilidade Local. Fundamentos da Contabilidade Pública: Obxectivos e fins da contabilidade nas entidades locais.Marco Normativo: A Instrución do Modelo Normal / Simplificado de Contabilidade Local.Principios Contables Públicos: Devindicación, uniformidade, prudencia e non compensación.O Plan de Contas: Estrutura e clasificación do Plan Xeral de Contabilidade Pública adaptado á administración local.
Módulo 2: Ciclo de Execución Orzamentaria: O Orzamento de Gastos: Fases do gasto (Autorización, Disposición, Recoñecemento de Obrigación e Ordenación de Pago) e a súa contabilización.O Orzamento de Ingresos: Fases contables (Dereito recoñecido e Recadación).Operacións Especiais: Gastos con financiamento afectado, modificacións de crédito e tramitación de anticipos de caixa fixa.
Módulo 3: Patrimonio, Operacións de Peche e Conta Anual: Xestión de Activos e Pasivos: O inmobilizado, operacións de tesourería, endebedamento local e patrimonio neto.Operacións Non Orzamentarias: Retencións, fianzas, IVE e operacións extrapresupuestarias.O Peche do Exercicio: Regularización contable, periodificación e amortizacións.As Contas Anuais: Balance, Conta do Resultado Económico-Patrimonial, Estado de Liquidación do Orzamento e Memoria.
Advertencia: O contido formativo, a duración e a planificación temporal das sesións formativas pode ser adaptado polo persoal formador que imparta esta acción formativa por necesidades derivadas da aplicación dunha metodoloxía e formato determinado, ca finalidade de mellorar o desenvolvemento da mesma.