Ficha biblioteca

Evento Curso de técnicas e actividades básicas de atención e coidado ás persoas dependentes
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación02/10/2026 FonteBop de Ourense
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Ensino e formación Tipo de contidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locais, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsDeputación de Ourense Ámbitos xeográficosOurense
Descrición Este curso ten entre os seus obectivos Capacitar os/as asistentes nas técnicas e actividades básicas de atención e coidado de persoas en situacións de dependencia, para que garantan unha intervención segura, digna e de calidade no contorno domiciliario
Detalles contido
LugarEn Liña plataforma de teleformación de BIG Formación OrganizadorDeputación de Ourense Datas
DíaHora inicioHora fin
05/10/2026 9:00 20:00
30/10/2026 9:00 20:00
Evento

Curso de formación específica para persoal dos servizos de axuda no Fogar: Curso de técnicas e actividades básicas de atención e coidado ás persoas dependentes

1. Persoas destinatarias.

  • * Traballadores/as das entidades locais da provincia, concellos e mancomunidades que pertenzan aos servizos de axuda no fogar para a atención domiciliaria de persoas dependentes.
  • * Asistentes/as e traballadores/as sociais das mancomunidades e concellos e demais persoal técnico especializado na materia encargado da atención e xestión dos departamentos de servizos sociais das corporacións locais da provincia.
  • * Persoal ao servizo da Administración Local que teña asignadas responsabilidades en materia de servizos sociais ou que desenvolva o seu traballo desde outros ámbitos profesionais no campo da atención primaria e de atención á dependencia.

2. Desenvolvemento.

  • 2.1. Modalidade da acción formativa: en liña.
  • 2.2. Duración: 20 horas.
  • 2.3. Datas de realización: do 5 de outubro ao 30 de outubro do 2026.
  • 2.6. Lugar de realización: plataforma de teleformación de BIG Formación.
  • 2.6. Prazas: 30 participantes.
  • 2.7. Número de edicións: unha.

3. Obxectivos.

  • * Capacitar os/as asistentes nas técnicas e actividades básicas de atención e coidado de persoas en situacións de dependencia, para que garantan unha intervención segura, digna e de calidade no contorno domiciliario.
  • * Proporcionar o dominio técnico e práctico dos procedementos de coidado, e a súa aplicación de forma eficaz, humana e centrada na persoa.

4. Programa.

4.1.Técnicas de mobilización, traslado e deambulación.

4.1.1. A inmobilización.

4.1.2. Enfermidades físicas relacionadas coa inmobilización.

4.1.3. Técnicas de mobilización, traslados e deambulación.

4.2. Técnicas de preparación da cama.

4.2.1. As camas de repouso e descanso.

4.2.2. As posicións da cama.

4.2.3. Técnicas de dobrado de sabas.

4.2.4. Técnicas de preparación da cama (ocupada e desocupada).

4.3. Técnicas de administración da medicación.

4.3.1. Factores que interveñen na medicación e uso seguro dos medicamentos.

4.3.2. A farmacoloxía.

4.3.3. Vías de administración.

4.3.4. Caixa de primeiros auxilios.

4.4. Técnicas de administración de nutrición.

4.4.1. Introdución á nutrición oral: conceptos, necesidades e recomendacións.

4.4.2. Introdución á nutrición enteral: sonda nasogástrica e PEG.

4.4.3. Técnicas de actuación urxente ante atragoamentos.

4.5. Intervención na incontinencia urinaria e fecal.

4.5.1. Incontinencia urinaria e fecal.

4.5.2. Cueiros.

4.5.3. Ouriñal (cuña e botella).

4.5.4. Estoma.

4.5.5. Sonda vesical e colector urinario.

5. Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación das solicitudes para participar nesta acción formativa rematará o mércores, 30 de setembro de 2026.

Temas:Administración pública, Administración local, Ensino e formación
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Deputación de Ourense
Ámbitos xeográficos:Ourense
Valorar:
Compartir contido