Ficha biblioteca

Nova Rueda anuncia unha liña pioneira de 7M€ para axudar os concellos a construír vivenda pública municipal
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación08/10/2026 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Compra, aluguer e rehabilitación de vivenda Tipo de contidoNovas ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais, Outras administracións OrganizaciónsXunta de Galicia Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición Detalla que o financiamento será de ata 80.000€ por fogar e que o seu carácter público estará protexido de forma permanente
Detalles contido
Rueda anuncia unha liña pioneira de 7M€ para axudar os concellos a construír vivenda pública municipal Detalla que o financiamento será de ata 80.000€ por fogar e que o seu carácter público estará protexido de forma permanente
08/10/2026|Xunta de Galicia
  • Lembra o compromiso de duplicar o parque público de vivenda antes de que remate o ano 2028
 

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe unha nova liña pioneira por valor de 7 millóns de euros para axudar os concellos a construír vivenda pública municipal. Segundo detallou, o financiamento será de ata 80.000 euros por fogar, co fin de que máis Concellos poidan impulsar promocións propias, o seu carácter público estará protexido de forma permanente, e adxudicaranse a través do Rexistro único de Demandantes de Vivenda.

Durante a sesión de control no Pleno do Parlamento de Galicia en resposta ás preguntas dos grupos parlamentarios, o titular do Executivo autonómico afirmou que a vivenda “é unha absoluta prioridade para a Xunta”, e destacou que este ano haberá 4.670 vivendas públicas en marcha: 2100 xa licitadas nos primeiros nove meses de 2026, 600 que se van licitar antes de que remate o ano, 1860 en construción, e pisos rehabilitados ou adquiridos pola Xunta.

Neste sentido, Rueda lembrou o compromiso de duplicar o parque público de vivenda antes de que remate o ano 2028, así como outras medidas postas en marcha polo Goberno galego como promover a construción de 20.000 vivendas protexidas en colaboración público-privada, axudar á xente moza con reservas en aluguer ou avais, ou con rebaixas fiscais para a transmisión de vivenda.

Temas:Administración pública, Administración local, Compra, aluguer e rehabilitación de vivenda
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais, Outras administracións
Organizacións:Xunta de Galicia
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido