Convenio desenvolvemento administración electrónica na Comunidade autónoma galega

O Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para o desenvolvemento da administración electrónica na Comunidade autónoma de Galicia ten por obxecto establecer o marco de colaboración entre a Xunta de Galicia e as Entidades Locais de Galicia para o impulso e desenvolvemento da Administración Electrónica, coa finalidade de acadar un nivel homoxéneo de prestación de servizos públicos dixitais no territorio da Comunidade autónoma de Galicia e garantir aos cidadáns o acceso electrónico aos servizos públicos mediante a implantación de procedementos, plataformas e redes de comunicación que posibiliten a súa interacción con calquera Administración pública.

Con vixencia ata o 31 de decembro de 2020, o convenio. asinado polo conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), determina as condicións nas que a Xunta de Galicia facilitará o acceso das Entidades Locais da Comunidade Autónoma de Galicia ás solucións tecnolóxicas, sistemas e infraestruturas nas que estean interesadas, conforme ás especificacións e condicións de uso que serán descritas na documentación específica de cada unha delas.

As solucións tecnolóxicas de aplicación neste convenio recóllense no apartado "Catálogo servizos do convenio" existente nesta páxina.

Este convenio pretende dar continuidade ao convenio de colaboración para o desenvolvemento da Administración electrónica en Galicia,asinado o día 13 de xullo do 2010 pola Xunta de Galicia e a Fegamp, e que foi prorrogado a través de diversas addendas ata o 9 de xullo de 2018, polo que se considerará vixente a adhesión das entidades locais ao convenio precedente.

 
Documentación do convenio
 
proceso de adhesión
 
estado actual das adhesións
 
catálogo servizos do convenio

Os requisitos para a adhesión ao convenio das entidades locais, que non estean xa adheridas ao convenio precedente, son os seguintes:

  1. Aprobación da adhesión ao convenio polo órgano competente da entidade local.
  2. A adhesión ao convenio é mediante a sinatura electrónica, na Sala de sinaturas da Xunta de Galicia, dun protocolo de adhesión.

Para isto, o representante da entidade local que vaia asinalo, deberá contar cun certificado dixital da FNMT de Clase 2 CA, Camerfirma, Empregado público ou DNIe e solicitar o acceso á Sala de Sinaturas da Xunta mediante a remisión dun correo electrónico ao cau-periferico@xunta.gal, indicando no asunto do correo "Solicitude de acceso á Sala de Sinaturas - Convenio desenvolvemento administración electrónica" e, no corpo do mesmo, os seguintes datos:

  • Datos do Alcalde ou representante da entidade local que vai a asinar o documento de adhesión:
    • NIF (do Alcalde ou representante da entidad local)
    • Nome e apelidos
    • Cargo
    • Nome da entidade local á que pertence
    • Conta de correo electrónico (na que recibirá as instrucións de acceso á Sala de Sinaturas da Xunta e se lle solicitará que asine nela o documento de adhesión).
  • Órgano competente da entidade local e data na que se acordou a adhesión ao convenio

Unha vez remitido o correo de solicitude ao CAU, no momento en que dispoña de acceso á Sala de Sinaturas, recibirá na conta de correo especificada na solicitude, un correo coas instrucións para acceder á Sala de Sinaturas e asinar o protocolo de adhesión ao convenio.

O texto do protocolo que a entidade local atopará a disposición para a sinatura na sala de Sala de Sinaturas da Xunta será o seguinte:

Segundo o disposto na cláusula segunda do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Federacion Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para o desenvolvemento da administración electrónica na Comunidade autónoma de Galicia, as solucións tecnolóxicas, funcionalidades e condicións das mesmas de aplicación ao mesmo quedan recollidas no denominado "Catálogo de servizos do convenio de colaboración para o desenvolvemento da administración electrónica".

Na seguinte listaxe atópase, actualizado, o catálogo de servizos. Para cada unha das solucións tecnoloxicas incluídas nel, está dispoñible toda a información e documentación relativa ás condicións e requisitos de uso:

ServizoÁrea temáticaModalidade solicitude