Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (AECT) (0457_EGNP_AECT_1_E)
Aprobado por acordo entre a Autoridade de Xestión e o Beneficiario Principal do 28 de marzo de 2019, remata o 31 de decembro de 2021.
O custo total da operación para o período de vixencia do proxecto é de 1.085.494,00 Euros, a contribución comunitaria (FEDER) máxima á mesma é de 814.120,00 Euros, que corresponde ao 75,00 % do custo total elixíbel previsto.
O orzamento da Dirección Xeral de Administración Local, para a realización das actividades comprometidas é de 50.000,00 Euros, dos cales 37.500,00 Euros serían de fondos europeos e 12.500,00 Euros de fondo propio.
Beneficiarios
- Beneficiario Principal: Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP-AECT).
- Beneficiario 2: Dirección Xeral da Administración Local. Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
- Beneficiario 3: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Xunta de Galicia.
- Beneficiario 4: Direção Regional de Cultura do Norte.
- Beneficiario 5: Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (CEER).
- Beneficiario 6: Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte (CCDR-N).
Os obxectivos estratéxicos do proxecto son
Tamén na creación de valor e mellora da calidade de vida na Eurorrexión a través do fomento de iniciativas de cooperación transfronteriza e o pulo do diálogo e a colaboración entre institucións e axentes do tecido produtivo de Galicia e o Norte de Portugal.
Resultados
Rede de coñecemento compartido e innovación da Eurorrexión;
Novas iniciativas innovadoras, intercambios e estancias de investigación, difusión e publicación de resultados derivados de actuacións en materia de I+D+i consideradas de alto valor engadido para o territorio;
Transferencia eficiente do coñecemento ao tecido institucional e produtivo da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal;
Proxectos de colaboración concretos en materia de cooperación transfronteriza a nivel local, que aumenten a eficiencia da execución do gasto público e melloren a calidade de vida dos cidadáns;
Polo cultural da Eurorrexión como experiencia de referencia a nivel europeo no ámbito da cooperación transfronteriza na área creativa
Actividades a realizar pola Dirección Xeral de Administración Local
- Realización dun estudo de mobilidade que permita coñecer a situación do transporte de viaxeiros no ámbito transfronteirizo e propoña medidas para incrementar o uso dos equipamentos sociais, culturais e deportivos do Sur de Galicia e o Norte de Portugal.
- Convocatoria de axudas a iniciativas de uso compartido de equipamentos transfronteirizos.
- Promoción, divulgación e difusión da utilización conxunta dos equipamentos transfronteirizos.
- Divulgación e creación dunha ferramenta que permita o acceso e uso por parte dos usuarios destes equipamentos, (tarxeta, certificados dixitais etc..).Intercambios e actividades de promoción do deporte, a cultura... (Competicións deportivas, exposicións, representacións teatrais, concertos, festivais...).
Páxina do programa Interreg VA España-Portugal