Guía local-Mantemento datos da entidade local
A través deste servizo as entidades locais poden realizar o mantemento de parte da información (nº concelleiros, páxina web, corporación, goberno municipal, áreas, servizos de eAdministración,...) que figura na ficha da Guia Local de Eidolocal correspondente á súa entidade local.
03/10/2018
Xunta de Galicia /Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza/Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e Dirección Xeral de Administración Local
CAU (Tlf. 881 995 300, correo electrónico: cau-periferico@xunta.gal, horario: 7:30-21:00 L-V e 8:00-15:00 Sábados)
Xestión interna EELL
Entidades locais, Presidentes/as, Alcaldes/esas, Interventores/as, Secretarios/as
Portal web
Gratuíto
Convenio eAdministración
CAU (Tlf. 881 995 300, correo electrónico: cau-periferico@xunta.gal, horario: 7:30-21:00 L-V e 8:00-15:00 Sábados)
1. Ser persoal dunha entidade local adherida ao Convenio e-Administración. 2. O usuario que vai manter os datos da entidade local na Guia Local debe estar dado de alta no portal Eidolocal. 3. O usuario que vai manter os datos da entidade local na Guia local, debe ter asignado o permiso correspondente de "Mantemento datos entidade local".
Para acceder a este servizo é necesario ser persoal dunha entidade local adherida ao convenio e-Administración. Neste caso, o persoal designado para realizar o mantemento dos datos da entidade local na Guia Local deberá solicitar ao Alcalde/sa Secretario/a ou xestor de usuarios da EELL no EidoLocal , a alta como usuario do portal (nome e contrasinal de acceso a zona privada) e o permiso para ter acceso ao servizo de "Mantemento datos entidade local. Tanto o alta de usuario como a asignación de permiso é tramitada polos xestores de usuarios da entidade local de xeito automático a través da aplicación de xestión de usuarios habilitada para as EELL no portal. Unha vez o usuario dispoña do permiso poderá realizar o mantemento dos datos da súa entidade local na Guia Local a través da opción da parte privada do portal "Meu Eido" -"A miña entidade"
Formato | Nome | Descrición |
---|---|---|
![]() | Guía rápida da Guía Local | Guía na que se describen as principais funcionalidades do espazo da Guía local tales como ... |
Tipo de servizo | Nome servizo | Convenio eAdmon | Modalidade solicitude |
---|---|---|---|
![]() | Emprego local | ![]() | En liña |
![]() | Guia local | ![]() | Fax , Presencial |
![]() | Heraldica das entidades locais de Galicia | ![]() | En liña |