Sala de sinaturas virtual da Xunta

A Sala de sinaturas virtual é unha aplicación web que posibilita a revision e sinatura electrónica en liña por parte dunha entidade local de determinado típo de documentos emitidos pola Xunta, como por exemplo convenios.

Máis información

O alcalde-sa/alcalde-sa-pedaneo-a/presidente-a ou representante da entidade local que necesite poder acceder á sala de sinaturas virtual da Xunta para asinar dixitalmente un convenio, acordo ou calquera tipo de documento previamente posto á súa disposición para tal fin pola Xunta de Galicia deberá remitir un correo electrónico a cau-periferico@xunta.gal indicando no asunto “Solicitude de acceso á Sala de sinaturas virtual” e no corpo do mesmo os seus datos:

  • NIF
  • Nome e apelidos
  • Cargo
  • Nome da entidade local á que pertence
  • Conta de correo electrónico na que recibirá os datos de acceso á sala de sinaturas e se lle solicitará que asine nela o documento (convenio, acordo,..). Unha vez asinado tamén o documento pola Xunta recibirá, nesta mesma conta, un correo indicandolle que xa está asinado por todas as partes e dispoñible para que poida descargalo directamente da Sala de sinaturas.

O alcalde-sa/alcalde-sa-pedaneo-a/presidente-a ou representante da enitdade local que vai a acceder á Sala de Sinaturas Virtual da Xunta deberán contar cun certificado dixital da FNMT de Clase 2 CA, Camerfirma, Empregado público ou DNIe.

Data modificación

22/11/2018

Proveedor/Responsable do servizo

Xunta de Galicia/A Presidencia/Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Datos contacto dúbidas

CAU (Tlf. 881 995 300, correo electrónico: cau-periferico@xunta.gal, horario: 7:30-21:00 L-V e 8:00-15:00 Sábados)

Tipo de uso

Xestión interna EELL

Beneficiario

Empregados públicos

Modo de consumo

Portal web

Tipo de financiación

Gratuíto

Datos contacto dúbidas

CAU (Tlf. 881 995 300, correo electrónico: cau-periferico@xunta.gal, horario: 7:30-21:00 L-V e 8:00-15:00 Sábados)