Non dispón do permiso
Este servizo permite as publicacións no DOG por parte das EELL (elaboración e envío de anuncios para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia en formato electrónico)

Este servizo permítelles ás EELL realizar envíos de disposicións ao DOG aos usuarios que estean autorizados previamente polo Diario Oficial de Galicia. Este servizo regulase según a  ORDE do 28 de abril de 2011 (DOG do 29 de abril)  pola que se regula a edición electrónica do Diario Oficial de Galicia.

Para poder acceder a este servizo (se non está adherido ao convenio e-Administración Xunta-FEGAMP), cómpre ser dado de alta previamente como usuario (pode demandalo cubrindo esta solicitude de alta no sistema de inserción de anuncios no DOG). É necesario dispoñer de Certificado dixital clase 2CA  da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre - Real Casa da Moeda, Camerfirma ou DNI-e. No caso de ser persoal dunha entidade local adherida ao convenio e-Administración deberá estar dado de alta no eidolocal e o usuario alcalde da entidade asignarlle o permiso correspondente a este servizo, ver na Ärea privada do Eidolocal a opción "Xunta de Galicia-Xestión, Envíos disposicións ao DOG"

Para poder realizar o envío, o usuario deberá ter elaborado o anuncio nun documento que será o que teña que anexar na pantalla do envío. Ademais, terá que ter aboado no banco a correspondente taxa, co valor que poderá calcular mediante a opción incluída no propio servizo (cálculo da taxa).

Para realizar o envío debemos ter en conta as seguintes consideracións:

- Envío das ordes de inserción e dos documentos para publicación.

Os documentos que deban publicarse no DOG débense enviar exclusivamente por medios telemáticos coa sinatura electrónica da persoa facultada para ordenar a súa inserción, prevista no Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

  • En casos excepcionais e debidamente xustificados, acéptase o envío de ordes de publicación por medios telemáticos sen a sinatura electrónica, ben que a orde de inserción non ten efectos ata que non entra no rexistro da unidade administrativa do DOG, asinada en soporte papel.
  • En todo caso, sempre se debe entregar unha reprodución do documento que haxa que publicar en formato electrónico editable. O formato dos documentos que deban publicarse no DOG, xa sexa de texto, gráfico, de imaxe ou calquera outro, ten que ser dixitalizable e debe ser o idóneo para comunicar o contido do documento de que se trate.

- Contido das ordes de inserción.

  • A persoa facultada para enviar a orde de inserción ten que ter autorización expresa do responsable do órgano.As ordes de inserción deben conter o texto íntegro que se debe publicar nas dúas linguas e a identificación de se o texto que se debe publicar contén datos de carácter persoal. No caso de que a orde de inserción presente erros que non permitan o seu tratamento, a unidade administrativa do DOG debe informar o solicitante para que envíe unha nova orde de inserción cos erros corrixidos.
Data modificación

30/05/2018

Proveedor/Responsable do servizo

Xunta de Galicia /Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza/Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e Secretaria Xeral Técnica/Diario Oficial de Galicia

Datos contacto dúbidas

CAU (Tlf. 881 995 300, correo electrónico: cau-periferico@xunta.gal, horario: 7:30-21:00 L-V e 8:00-15:00 Sábados)

Tipo de uso

Xestión interna EELL

Beneficiario

Empregados públicos

Modo de consumo

Portal web

Tipo de financiación

Gratuíto

Regulado por

Convenio eAdministración